*MALANIONE
Incerto
Escuro
A forma etimolóxica de Mañón (Maañón na súa forma máis tradicional) está reconstruída a partir das dúas posibilidades, posto que non se documenta historicamente. Pode ser un hidrónimo prerromano ou un topónimo de posesor (no lema do étimo móstrase a forma en acusativo, aínda que tamen podería proceder dun xenitivo, rematado en -I). En todo caso, as documentacións medievais e a pronuncia trisilábica apuntan á desaparición dunha consoante intervocálica, posiblemente un -L-.
Redacción: Ana Boullón
Ana Boullón:
"
*MALANIONE
",
en Toponomasticon Hispaniae, proxecto financiado polo MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org
Data: 07/04/2024