SĔRRA
Latino
      
Oronimia » Elevación
          O latín serra designaba un instrumento para cortar e era tamén o nome dun peixe cun fuciño longo e dentado. A palabra usouse ademais para nomear unha formación do exército coa fasquía e o movemento de avance dos soldados semellante ó da serra ó cortar. Só no latín vulgar se empezou a utilizar co sentido metafórico de 'sucesión de montañas que lembra a forma do utensilio'. É un termo técnico e a súa orixe etimolóxica remota non está clara.
En galego, catalán e portugués o resultado romance da palabra é serra; en castelán e aragonés o Ĕ breve ditonga: sierra.
Redacción: Luz Méndez
Luz Méndez:
            "
    SĔRRA
  
", 
en Toponomasticon Hispaniae, proxecto financiado polo MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org      
          
                  Data: 18/08/2024