Ir o contido principal
inicio
  • Consulta do dicionario
  • Resultados do proxecto
  • Bibliografía
  • Fontes
  • Acceso investigadores
esglcaeupt-ptast

*TAURU

*TAURU

Prerromano
Oronimia » Elevación

Dun tema oronímico *Tauro-, moi difundido desde Asia Menor ata o atlántico, derivado da raíz indoeuropea *teu 'incharse' (Pokorny), usada a miúdo como nomes de picos escarpados ou vértices xeodésicos. Está presente nun grupo de topónimos galegos e portugueses: Touro, cast. Toro (Zamora) e nos derivados gal. Tourón, port. Tourão, Touroa co mesmo sufixo ca en Avión, Narón, etc. (BascuasHidron_2006). Nalgúns casos é moi difícil discernir entre esta raíz prelatina e o lat. taurus, que ten resultados foneticamente idénticos e tamén deu lugar a topónimos, pero sobre todo en derivados (Toural).

En Galicia e Portugal os derivados do radical oronímico e do hidronímico *Tur- diferéncianse nidiamente dos do tema oronímico *Taur-. Pero no resto da Península, ao reducirse o ditongo au > o, a forma actual non permite distiguir entre ambas as orixes (BascuasHidron_2006 241-250).

Sinaturas

Redacción: Ana Boullón

Ana Boullón:
" *TAURU ",
en Toponomasticon Hispaniae, proxecto financiado polo MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org
Data: 08/04/2025

Topónimos vinculados a este étimo

Galego

A Coruña
Touro
Ministerio de ciencia
Xunta de Galicia
Instituto da Lingua Galega
UPNA
UAM
Universidad de Zaragoza

O proxecto I+D+I Toponomasticon Hispaniae está financiado polo MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. A presente aplicación contou cunha axuda para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas da Xunta de Galicia (ED431C 2021/20).

Menú del pie

  • Políticas de privacidade
  • Políticas de cookies
  • Contacto
-
-
-
-