Ir o contido principal
Volver a ToponHisp
  • Consulta do dicionario
  • Resultados do proxecto
  • Bibliografía
  • Fontes
  • Acceso investigadores
esglcaeupt-ptast

Dozón

Dozón

Tipoloxía ou caracterización xeográfica

Concello
Idioma do topónimo
Galego

Étimo

*DETIA
Prerromano
Escuro

Derivado

DETIA » -ONE

Resumo xeral

O topónimo é un derivado perromano do nome do río Deza, co sufixo -one.

Aspectos xeográficos, históricos, administrativos

Documentamos Dozón xa no séc. VI como un dos límites do condado de Deza. O concello constituíuse coas parroquias da antiga xurisdición de Dozón (agás a de Vilanova, hoxe do concello de Lalín), dúas parroquias da terra de Deza (O Sisto e Sanguiñedo) e o couto redondo de Vilarello. É tamén o nome dunha parroquia e dun lugar e todos o reciben do antigo nome do río que nace alí (Dezón na I.M., hoxe chamado Asneiro).

Información específica de étimo para este topónimo

Na forma primitiva Dezón, en que está documentado xa no ano 572 (RiscoESagrada40, 344-349), produciuse durante a Idade Media unha harmonización que igualou as vogais en Dozón.

Documentación histórica

Antiga e medieval

  • "monte de Dezon" 572 RiscoESagrada40
  • "flumine Dezon" 1010 CDLugoCañizares
  • "qui dicitur Dozón" 1101 DocUrraca
  • "per illam aquam de Dozon" 1112 DocUrraca
  • "quinionem meum de ecclesia de Dezon " (s. XIII) CDOseira

Moderna

  • "Juan Rodríguez de Ulloa, arçediano de Doçón" 1551 AHUS
  • "Feligresía de Santa María de Dozón " 1752 CME

Paisaxe toponímica próxima

 

 

Cognados e topónimos relacionados

Deza

Luz Méndez:  "Dozón", 

en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org 

[consultado en 11-05-2025].
Data: 23/04/2024
2133
no-portugues

Coordenades:-8.0486 42.567722

As coordenadas no estado español proceden do IGE

×Cerrar

Visualización de capas

One fine body…

Close Save changes
Transcrición fonética
doˈθoŋ
Audio
Provincia
Pontevedra
Poboación (INE)
1.028 (2022)

Xentilicio e alcumes colectivos

Xentilicio(s)

dozonés, -esa

Pseudoxentilicio(s)
Sen datos

Antropónimos orixinados polo topónimo

Apelido
Zon
38 ocurrencias
Fonte: Cartografía dos Apelidos de Galicia

O topónimo está documentado en cadeas onomásticas da Idade Media (Petro Pelagii de Dezón a.1245, Lourenço de Doçón a.1374 CDOseira, Gonçalo Lopes Doçón a.1400 CDGH), pero non encontramos testemuños a partir del siglo XV, en que si se atestan posibles formas segmentadas (Juan do Son ~ Juan d’ Oçón, en Ames, Santiago, 1583 ~ Juan do Son a.1593;  Margarita de Son, en Busto, Santiago, 1592.

Dado que a maioría dos poucos portadores actuais de Zon residen nos municipios ourensáns de Ourense e San Cibrao das Viñas, relativamente próximos a Dozón, parece probable que este puidese ser su foco de orixe (DAG).

Zon
Nome
Non xerou nome persoal

Bibliografía específica

Non hai bibliografía

Sinaturas

Redacción: Luz Méndez

O proxecto I+D+I Toponomasticon Hispaniae está financiado polo MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. A presente aplicación contou cunha axuda para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas da Xunta de Galicia (ED431C 2021/20).

Menú del pie

  • Políticas de privacidade
  • Políticas de cookies
  • Contacto
-
-
-
-