Ir o contido principal
Volver a ToponHisp
  • Consulta do dicionario
  • Resultados do proxecto
  • Bibliografía
  • Fontes
  • Acceso investigadores
esglcaeupt-ptast

Guarda, A

Guarda, A

Tipoloxía ou caracterización xeográfica

Lugar
Concello
Parroquia
Idioma do topónimo
Galego

Étimo

*WARDJA
Germánico
Detoponímico » Eco

Resumo xeral

De orixe xermánica (probablemente o gótico *wardja 'gardián'), o substantivo garda significa "acción e efecto de gardar. 2. Grupo de soldados ou de xente armada que se encarga da protección ou da vixilancia de persoas ou lugares". Aquí fai referencia a un posto fronteirizo, pois está situado na estrema con Portugal. Presenta a forma dialectal Gua-, como corresponde a esta zona do Baixo Miño (DialectGal), fronte ao galego estándar (garda).

Aspectos xeográficos, históricos, administrativos

A Guarda é un porto pesqueiro situado no extremo suroeste do territorio galego, na banda norte do esteiro do río Miño. Foi renomeada polo rei Afonso IX, probablemente en 1228, como A Garda, nome que se ve na documentación ata o séc. XIV. Neste século, a vila deixa de ser reguenga e no XIV pasa a ter por señor o bispo de Tui. Desde o XIV ata o XVII a forma habitual era A Guarda. A partir do séc. XVI comeza a aparecer nos textos a forma castelá, La Guardia, e pasa a ser forma escrita única desde finais do XVIII (Navaza_2017). Cando se constituíron os concellos en 1836 recibiu o nome Villa de la Guardia (FariñaJamardo_1990). Coa chegada da democracia, restitúeselle o nome que seguía vivo na lingua oral e pasa a chamarse oficialmente A Guarda en 1984.

Información específica de étimo para este topónimo

As referencias máis antigas deste topónimo son do ano 1233, como villa da Garda, seguindo o modelo francés que levou a Afonso IX a renomeala (La Garde) en 1228. Coma outros escollidos por este rei para renomear lugares, baséase na cultura francesa coetánea, neste caso un nome de repertorio que alí se levaba usando máis de dous séculos e que se empregou tamén na península ibérica como nome de fortalezas e vilas amuralladas.

Como a solución nesta zona dos grupos GW- e KW- é gua-, cua-, respectivamente, finalmente o topónimo consolidouse coa forma Guarda. O nome anterior era Tarás, que aínda sobreviviu na documentación por varios séculos e aínda se mantén no Arciprestado de Tebra e Tarás. (Navaza_2017).

Documentación histórica

Antiga e medieval

  • "villa da Garda" 1233 AHN, Clero (Oia), Carp. 1799, N. 1 [as atestacións do AHN están tiradas de Navaza_2017).
  • "Joán Eanes, notario da Garda" AHN, Clero (Oia), Carp. 1803, n. 8.
  • "vizinos da Garda" 1287 AHN Clero (Oia), Car. 1807, N.17
  • "Paulos Peres, notario yurado da Guarda de Taraes" 1321 AHN, Clero (Oia), Carp. 1808, N.7).
  • "medietatem etiam de ecclesia de la Guarda” 1334 AHN, Clero (Oia), Carp. 1826, N. 16 [documento dado em Tui por Afonso VII em 1137, inserido na confirmação de Afonso XI].

Moderna

  • "Villa de Santa María de la Guardia" 1753 CME-AGuarda
  • "GUARDIA (LA): ayunt. en la prov. de Pontevedra (11 leg.), part. jud. y dióc. de Tuy (4), aud. terr. y c. g. de la Coruña (30). ... Pob.: 3.344 vec., 14.506 alm." 1850 DicMadoz.

Cognados e topónimos relacionados

Amais deste concello pontevedrés, e unha parroquia A Aguarda (Pastoriza, Lu), portan esta voz A Garda (Taramundi), e A Guardia (Tapia de Casariego e Navia), estes tres na Asturias de fala galega.

Ana Boullón:  "Guarda, A", 

en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org 

[consultado en 12-05-2025].
Data: 28/04/2025
4918
no-portugues

Coordenades:-8.874218844 41.90117013

As coordenadas no estado español proceden do IGE

×Cerrar

Visualización de capas

One fine body…

Close Save changes
Transcrición fonética
aˈɣwaɾða̝
Audio
Provincia
Pontevedra
Poboación (INE)
9.998 (2023)

Xentilicio e alcumes colectivos

Xentilicio(s)

Guardés, guardesa

Pseudoxentilicio(s)
Sen datos

Antropónimos orixinados polo topónimo

Apelido
Guarda
6 ocurrencias
Fonte: CAG
Guarda
Nome
Non xerou nome persoal

Bibliografía específica

Non hai bibliografía

Sinaturas

Redacción: Ana Boullón

O proxecto I+D+I Toponomasticon Hispaniae está financiado polo MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. A presente aplicación contou cunha axuda para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas da Xunta de Galicia (ED431C 2021/20).

Menú del pie

  • Políticas de privacidade
  • Políticas de cookies
  • Contacto
-
-
-
-