Ir o contido principal
Volver a ToponHisp
  • Consulta do dicionario
  • Resultados do proxecto
  • Bibliografía
  • Fontes
  • Acceso investigadores
esglcaeupt-ptast

Nogais, As

Nogais, As

Tipoloxía ou caracterización xeográfica

Concello
Idioma do topónimo
Galego

Étimo

NŬCĀLE
Latino
Fitonimia

Ámbito semántico

Fitonimia

Resumo xeral

A forma latina nŭcālis ten orixinariamente carácter adxectivo e fai referencia a aquelo que é 'propio ou relativo á noz' (REW § 5977). Como outros nomes de árbores procedentes de formas con sufixo –ale, o substantivo presentaba xénero feminino.

Aspectos xeográficos, históricos, administrativos

O concello, anteriormente denominado Doncos, pasa a chamarse Nogales a partir de 1857 (VariacionesMunicipios). A partir de 1916 oficialízase a forma con artigo Los Nogales, mais o artigo xa se rexistraba en documentación anterior (Méndez_2016, p. 376; CME). O topónimo galego As Nogais oficialízase no ano 1985 (VariacionesMunicipios).

Información específica de étimo para este topónimo

A forma latina nŭcālis ten orixinariamente carácter adxectivo e fai referencia a aquelo que é 'propio ou relativo á noz' (REW § 5977). A súa aplicación como nome de árbore está presente xa en documentos do século X escritos en latín (Navaza_Fitotop , p. 378), por exemplo: "pumares, perares, amexenares, figares, nugares, uel omni genere leguminum" 963 (TumbSobrado 1, doc. 45); "terris, vineis, pumares, perales, nugares, omnes arboribus" 983 (TumboCelanova, doc. 487); "omnes arbores fructuosas vel infructuosas, pumares, castaniares, toxeta, ceresiales, nogales, ameixenares, ortales, omnes arbores fructuosas vel infructuosas" 995 (CDLugoCañizares, doc. 139). Como outros nomes de árbores procedentes de formas con sufixo –ale, o substantivo presentaba xénero feminino.

Documentación histórica

Moderna

  • "Santa María Madalena das Nogais" 1547 AHUS, Protocolos S-207, doc. 166.
  • "Interrogatorio a la feligresia de Santa Maria Magdalena de los Nogales" 1752 CME, libro 181, fol. 299.
  • "S. Andres de las Nogales" 1752 ibid., fol. 302.
  • "San Andres de los Nogales" 1752 ibid., fol. 312.
  • "sitio de la Villa de los Nogales de esta dicha iglesia" 1752 ibid., fol. 312.

 

 

 

Cognados e topónimos relacionados

En Galicia, fóra da forma As Nogais (lugar, parroquia e concello de Lugo), non se documentan outros topónimos procedentes directamente do étimo nucale. Si se documentan como topónimos diversas variantes do substantivo colectivo formado sobre nogal:

  • Nogaledo: Un lugar no Barco de Valdeorras (OU). Este lugar dálle nome á parroquia correspondente (Focadela e Nogaledo).
  • Nogareda: Un lugar en Carballo (CO).
  • Nogaredo: Un lugar en Boimorto (CO).
  • Nogarido: Sen artigo en dous lugares, un deles en Viveiro (LU) e o outro en Ourol (OU), e con artigo nun lugar tamén no concello de Ourol (OU).

En Portugal documéntase un lugar denominado Nogal no concello de Penafiel (distr. Porto). Non se documentan outras formas toponímicas procedentes ou derivadas do étimo nucale.

A forma Nogal rexístrase, ademais, no topónimo de tres entidades de poboación situadas en Castela e León, concretamente nas provincias de Palencia e de León: Nogales de Pisuerga (Palencia, no concello de Alar del Rey), Nogal de las Huertas (Palencia) e San Esteban de Nogales (León).

Paula Bouzas:  "Nogais, As", 

en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org 

[consultado en 12-05-2025].
Data: 11/09/2024
1851
no-portugues

Coordenades:-7.104378 42.808802

As coordenadas no estado español proceden do IGE

×Cerrar

Visualización de capas

One fine body…

Close Save changes
Transcrición fonética
[asnoˈɣajs]
Audio
Provincia
Lugo
Poboación (INE)
991 (2022)

Xentilicio e alcumes colectivos

Xentilicio(s)

nogalego, nogalega

Pseudoxentilicio(s)
Sen datos

Antropónimos orixinados polo topónimo

Apelido
Non xerou apelido
Nome
Non xerou nome persoal

Bibliografía específica

Non hai bibliografía

Sinaturas

Redacción: Paula Bouzas

O proxecto I+D+I Toponomasticon Hispaniae está financiado polo MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. A presente aplicación contou cunha axuda para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas da Xunta de Galicia (ED431C 2021/20).

Menú del pie

  • Políticas de privacidade
  • Políticas de cookies
  • Contacto
-
-
-
-