Ir o contido principal
Volver a ToponHisp
  • Consulta do dicionario
  • Resultados do proxecto
  • Bibliografía
  • Fontes
  • Acceso investigadores
esglcaeupt-ptastan

Ourol

Ourol

Tipoloxía ou caracterización xeográfica

Lugar
Concello
Parroquia
Idioma do topónimo
Galego

Étimo

AUREOLUS, AURIOLUS
Latino
Deantroponímico » Nome persoal

Resumo xeral

De AUREOLI ou AURIOLI, xenitivo do nome de posesor Aureolus ou Auriolus, respectivamente, derivados de Aureus, e este de aurum 'ouro', tamén usado como cognomen en época romana (KajantoCognomina) e coñecido na documentación medieval do noroeste hispánico, desde o séc. X ata o XII.

Aspectos xeográficos, históricos, administrativos

En 1833 as parroquias que hoxe constitúen o concello de Ourol pasaron a depender do concello de Viveiro. O actual concello de Ourol constituíuse en 1844; foi suprimido de forma transitorio en 1854 e 1868, pero a partir deste ano quedou definitivamente consituído. Nomeado coa súa forma castelanizada, Orol, que se comeza a ver na escrita a finais do séc. XVII, restituíuselle a súa forma xenuína, Ourol, en 1985 (VariacionesMunicipios).

Actualmente no escudo do concello figuran dous paxaros, por identificar o nome do concello co do ouriolo (Oriolus Oriolus), tamén chamado vichelocrego, de cor amarela e ás e rabo negro, que ten unha orixe etimolóxica semellante, pois procede do lat. aureolum 'dourado', por causa da súa cor.

Documentación histórica

Antiga e medieval

  • "uilla prenominata Oriolis" 959 TSobrado
  • "sancta Maria de Aurol" 1124 CalMondoñedo
  • "Sancta Maria de Auriol" 1128 DocAfonsoVII
  • "Johannes Johannis de Ourol" a.1260 CDFPallares
  • "Santa Maria d'Ourol" 1488 CDCatMondoñedo

Moderna

  • "Pedro de Ourol, escribán do rei" a.1532 ACS,
  • "feligresia de Santa María d'Ourol" 1589 ACS
  • "Pedro de Orol" a.1688, "don Juan de Orol y Tobar" a.1721 ARG
  • "Feligresía de Santa María de Orol" 1753 CME-Ourol.
  • OROL: ayun. en la prov. de Lugo (40 leg.), dióc. de Mondeñedo (6), part. jud. de Vivero (2), aud. terr. y c.g. de la Coruña (14). ... Pobl.: 1.784 vec., 8.742 alm."  1849 DicMadoz
Ana Boullón:  "Ourol", 

en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org 

[consultado en 25-06-2025].
Data: 24/06/2025
6094
no-portugues

Coordenades:-7.642234017 43.56466078

As coordenadas no estado español proceden do IGE

×Cerrar

Visualización de capas

One fine body…

Close Save changes
Transcrición fonética
owˈɾol
Audio
Provincia
Lugo
Poboación (INE)
980 (2023)

Xentilicio e alcumes colectivos

Xentilicio(s)

Ourolés, -esa.

Pseudoxentilicio(s)
Sen datos

Antropónimos orixinados polo topónimo

Apelido
Orol
343 ocurrencias
Fonte: CAG

O apelido sufriu deturpación castelanizante, polo que, aínda que ten como foco o nome do actual concello de Ourol, presenta unha monotongación que o afasta do nome de que procede.

Orol
Nome
Non xerou nome persoal

Bibliografía específica

Non hai bibliografía

Sinaturas

Redacción: Ana Boullón

Escudo parlante do concello de Ourol, coa presunta explicación do topónimo

Escudo parlante do concello de Ourol, coa presunta explicación do topónimo

O proxecto I+D+I Toponomasticon Hispaniae está financiado polo MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. A presente aplicación contou cunha axuda para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas da Xunta de Galicia (ED431C 2021/20).

Menú del pie

  • Políticas de privacidade
  • Políticas de cookies
  • Contacto
-
-
-
-