Ir o contido principal
Volver a ToponHisp
  • Consulta do dicionario
  • Resultados do proxecto
  • Bibliografía
  • Fontes
  • Acceso investigadores
esglcaeupt-ptast

Paderne

Paderne

Tipoloxía ou caracterización xeográfica

Concello
Idioma do topónimo
Galego ou portugués

Étimo

PĂTĔRNUS
Latino
Deantroponímico » Nome persoal

Ámbito semántico

Onomástica » Deantroponímico » Nome persoal

Derivado

Resumo xeral

O topónimo provén da forma paterni, xenitivo do nome persoal Paternu, de orixe latina (Piel_Possessores, § 306). O topónimo indicaría orixinariamente a pertenza da terra a unha persoa con ese nome.

Aspectos xeográficos, históricos, administrativos

O concello creouse no ano 1836 pola unión de diversas freguesías das localidades de Pruzos e Betanzos, pertencentes á antiga provincia de Betanzos. A súa capital denomínase O Consistorio a partir do ano 2000 (antes: Consistorio) (NavazaConcellosCor, p. 76; VariacionesMunicipios).

Información específica de étimo para este topónimo

En Galicia, o antropónimo Paternus foi común ata o século XII: "Ego Nunilu tibi Hermegildo et Paterne" 877 TumbSobrado, p. 96-97;  "Sub Christi nomine, ego predicte Paterne filius, Sisnandus" 911 DocsOrdoño, p. 227.

Documentación histórica

Antiga e medieval

  • "Munio presbiter de Paderni qui notuir" 1174/1175 TumbSobrado, p. 382
  • "en ffondo do campo que iaz entre esta vjña et o dito Rio do Mandeu et dun cabo departe do rregeyro que uen de Paderne para o dito Rio do Mandeu" 1362 DocsMSalazar, p. 116

Moderna

  • "San Juan de Paderne" 1752 CME

Cognados e topónimos relacionados

En Galicia, a forma Paderne está presente tamén no topónimo composto Paderne de Allariz, concello en Ourense. Ademais o topónimo denomina 13 núcleos menores de poboación (entre eles, cadanseu lugar nos concellos de Paderne e Paderne de Allariz). En total: nove en Lugo, dous en Pontevedra, un en Ourense e outro na Coruña. Por último, rexístranse catro parroquias denominadas Paderne: Paderne (San Xoán) no propio concello de Paderne (CO), Paderne (Santiago) no concello de Cesuras (CO), Paderne (Santo Estevo) no concello de Castroverde (LU) e Paderne (San Cibrao) en Paderne de Allariz (OU).

En Portugal, existen dúas parroquias co nome Paderne: unha delas no concello de Melgaço (no distrito de Viana do Castelo) e outra no concello de Albufeira (no distrito de Faro). Ademais, documéntase un lugar con ese nome nesta última parroquia.

 

 

 

 

Paula Bouzas:  "Paderne", 

en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org 

[consultado en 12-05-2025].
Data: 23/08/2024
292
portugues

Coordenades:-8.173828 43.285016

As coordenadas no estado español proceden do IGE

×Cerrar

Visualización de capas

One fine body…

Close Save changes
Transcrición fonética
paˈðɛɾne̝
Audio
Provincia
A Coruña
Poboación (INE)
2.420 (2022)

Xentilicio e alcumes colectivos

Xentilicio(s)

Padernés,-a

Pseudoxentilicio(s)
Sen datos

Antropónimos orixinados polo topónimo

Apelido
Paderne
248 ocurrencias
Fonte: CAG
Paderne
Nome
Non xerou nome persoal

Bibliografía específica

Non hai bibliografía

Sinaturas

Redacción: Paula Bouzas

O proxecto I+D+I Toponomasticon Hispaniae está financiado polo MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. A presente aplicación contou cunha axuda para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas da Xunta de Galicia (ED431C 2021/20).

Menú del pie

  • Políticas de privacidade
  • Políticas de cookies
  • Contacto
-
-
-
-