Paderne
Tipologia ou caracterização geográfica
Étimo
Ámbito semántico
Derivado
Resumo geral
O topónimo provén da forma paterni, xenitivo do nome persoal Paternu, de orixe latina (Piel_Possessores, § 306). O topónimo indicaría orixinariamente a pertenza da terra a unha persoa con ese nome.
Aspetos geográficos, históricos, administrativos
O concello creouse no ano 1836 pola unión de diversas freguesías das localidades de Pruzos e Betanzos, pertencentes á antiga provincia de Betanzos. A súa capital denomínase O Consistorio a partir do ano 2000 (antes: Consistorio) (NavazaConcellosCor, p. 76; VariacionesMunicipios).
Informação específica de étimo para este topónimo
En Galicia, o antropónimo Paternus foi común ata o século XII: "Ego Nunilu tibi Hermegildo et Paterne" 877 TumbSobrado, p. 96-97; "Sub Christi nomine, ego predicte Paterne filius, Sisnandus" 911 DocsOrdoño, p. 227.
Documentação histórica
Antiga e medieval
- "Munio presbiter de Paderni qui notuir" 1174/1175 TumbSobrado, p. 382
- "en ffondo do campo que iaz entre esta vjña et o dito Rio do Mandeu et dun cabo departe do rregeyro que uen de Paderne para o dito Rio do Mandeu" 1362 DocsMSalazar, p. 116
Moderna
- "San Juan de Paderne" 1752 CME
Cognatos e nomes de lugares relacionados
En Galicia, a forma Paderne está presente tamén no topónimo composto Paderne de Allariz, concello en Ourense. Ademais o topónimo denomina 13 núcleos menores de poboación (entre eles, cadanseu lugar nos concellos de Paderne e Paderne de Allariz). En total: nove en Lugo, dous en Pontevedra, un en Ourense e outro na Coruña. Por último, rexístranse catro parroquias denominadas Paderne: Paderne (San Xoán) no propio concello de Paderne (CO), Paderne (Santiago) no concello de Cesuras (CO), Paderne (Santo Estevo) no concello de Castroverde (LU) e Paderne (San Cibrao) en Paderne de Allariz (OU).
En Portugal, existen dúas parroquias co nome Paderne: unha delas no concello de Melgaço (no distrito de Viana do Castelo) e outra no concello de Albufeira (no distrito de Faro). Ademais, documéntase un lugar con ese nome nesta última parroquia.
en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org