Ir o contido principal
Volver a ToponHisp
  • Consulta do dicionario
  • Resultados do proxecto
  • Bibliografía
  • Fontes
  • Acceso investigadores
esglcaeupt-ptast

Pradeda

Pradeda

Tipoloxía ou caracterización xeográfica

Parroquia
Idioma do topónimo
Galego

Derivado

PLĂTĂNU » -ETA/-ETU

Resumo xeral

Derivado do latín PLATĂNUS, co sufixo colectivo -eta, con evolución semiculta, pois non presenta palatalización do grupo PL-.

Aspectos xeográficos, históricos, administrativos

Parroquia do concello de Guntín (Lu) coa advocación santa Eulalia, que pertenceu na Idade Media ó couto do mosteiro de Ferreira (TopGuntín).

Documentación histórica

Antiga e medieval

  • "ecclesiam sancte Eolalie de Plataneta" 897 CDLugoCañizares, DipPeríodoAstur 2
  • " in finibus de Paliares in loco nominato Pradaneda" 1113 Solís_CatLugo
  • Plataneda 1131 CDLugoCañizares,
  • "inter Sanctum Iacobum de Intrambas Aquas et Platanetam, sub monte Meda" 1202 CDFPallares
  • "ecclesiam Sancte Eolalie de Pladaneda" 1202 CDFPallares
  • "ecclesia Sancte Eolalie de Pradeeda" 1241 CDFPallares

Cognados e topónimos relacionados

En Galicia atéstase tamén Pradeda (parroquia en Carballedo) e outros descendentes do mesmo étimo: Padrenda (concello e parroquia, lugar e parroquia en Vilar de Barrio e lugar no concello de Ramirás, todos eles en Ourense). Co sufixo -edo, o lugar de Padrendo, en Lobios (Ou). Véxase NavazaFitotop 185.2.

Estes resultados presentan, ademais da metátese do r (Pradeda/Padrenda) as dúas posibilidades de evolución da resonancia nasal resultante da caída do -N-: ou ben a súa desaparición (Pradeda) ou ben a súa consolidación como consoante implosiva (Padrenda).

Ana Boullón:  "Pradeda", 

en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org 

[consultado en 11-05-2025].
Data: 28/04/2025
2665
no-portugues

Coordenades:-7.654799 42.903674

As coordenadas no estado español proceden do IGE

×Cerrar

Visualización de capas

One fine body…

Close Save changes
Provincia
Lugo
Poboación (INE)
219 (2022)

Xentilicio e alcumes colectivos

Xentilicio(s)
Sen datos
Pseudoxentilicio(s)
Sen datos

Antropónimos orixinados polo topónimo

Apelido
Non xerou apelido
Nome
Non xerou nome persoal

Bibliografía específica

Non hai bibliografía

Sinaturas

Redacción: Ana Boullón

O proxecto I+D+I Toponomasticon Hispaniae está financiado polo MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. A presente aplicación contou cunha axuda para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas da Xunta de Galicia (ED431C 2021/20).

Menú del pie

  • Políticas de privacidade
  • Políticas de cookies
  • Contacto
-
-
-
-