Ir o contido principal
Volver a ToponHisp
  • Consulta do dicionario
  • Resultados do proxecto
  • Bibliografía
  • Fontes
  • Acceso investigadores
esglcaeupt-ptast

Satrexas

Satrexas

Tipoloxía ou caracterización xeográfica

Lugar
Parroquia
Idioma do topónimo
Galego

Étimo

SĔPTE
Latino
Valoración » Numeral
*ECLĒSIA
Latino
Hábitat humano » Edificacións

Resumo xeral

Composto de SEPTE ECLESIAS.

Aspectos xeográficos, históricos, administrativos

Parroquia e lugar do concello de Monterroso. O núcleo hoxe é continuación da capital municipal. Hai restos dunha vila romana e dun castro.

No NG (2003) restituíse a forma oral, Satrexas, en substitución de Siete Iglesias, forma castelanizada dos nomenclátores anteriores.

Información específica de étimo para este topónimo

A evolución a partir de SEPTE ECLESIAS sufriu un forte desgaste fonético, posto que a individual do segundo compoñente é eirexe/eirexa. O número sete posiblemente fai referencia a un número impreciso, non necesariamente exacto: cf. Zanfoga (< CENTU FOCA).

Documentación histórica

Antiga e medieval

  • "villa que vocitant Nuvellua in territorio Septem Eglesias" 939 CDFPallares
  • "villam quam vocitant Sampyri territorio Septem Ecclesiarum, subtus Monteroso" 1022 TASantiago
  • "hereditatem de VII ecclesiis de Casa Nova" 1260 CDVilarDonas
  • "Sancta Eufemea de Sete Iglesias" 1324 CDOseira

Moderna

  • "Feligresía de Santa Eufemia de Siete Yglesias" 1752 CME, Libro persoal de leigos.
  • "SIETE-IGLESIAS. l. en la prov. de Lugo, ayunt. de Monterroso y felig. de Sta. Eufemia de Siete-Iglesias. Pobl.: 9 vec., 46 almas.
  • SIETE-IGLESIAS (Santa Eufemia de). felig. en la prov. y dióc. de Lugo ... Pobl.: 44 vec., 58 almas" 1849 DicMadoz vol. 14, p. 387-388.

Cognados e topónimos relacionados

Outros topónimos galegos conteñen este numeral: Sete Camiños (A Guarda, Po), As Sete Espadas (Marín, Po), Setefontes (Palas de Rei, Lu), Seteventos (Palas de Rei e Sarria, Lu), Vintesete (Paderne, Co). O topónimo Sete (Vedra e Carballo, Co) pode representar o número ou proceder do xenitivo de Septius, nome persoal de orixe latina (Schulze_1966), pola súa parte tamén procedente do numeral (PielPossessores 388).

Ana Boullón:  "Satrexas", 

en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org 

[consultado en 12-05-2025].
Data: 06/11/2023
2642
no-portugues

Coordenades:(-7.823467 42.79624

As coordenadas no estado español proceden do IGE

×Cerrar

Visualización de capas

One fine body…

Close Save changes
Transcrición fonética
saˈtɾeʃa̝s
Audio
Provincia
Lugo
Poboación (INE)
58 (2022)

Xentilicio e alcumes colectivos

Xentilicio(s)
Sen datos
Pseudoxentilicio(s)
Sen datos

Antropónimos orixinados polo topónimo

Apelido
Non xerou apelido
Nome
Non xerou nome persoal

Bibliografía específica

Vázquez García, Carlos (2002): Toponimia de Monterroso. Monterroso: Concello de Monterroso.

Sinaturas

Redacción: Ana Boullón

O proxecto I+D+I Toponomasticon Hispaniae está financiado polo MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. A presente aplicación contou cunha axuda para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas da Xunta de Galicia (ED431C 2021/20).

Menú del pie

  • Políticas de privacidade
  • Políticas de cookies
  • Contacto
-
-
-
-