Sanxenxo
Tipoloxía ou caracterización xeográfica
Étimu
Resume xeneral
De SANCTUS GENESIUS, mártir da Galia no séc. IV, con moito culto en Galicia.
Aspectos xeográficos, históricos, administrativos
O nome do concello procede do haxiónimo da advocación da parroquia de Padriñán, onde se sitúa a casa consistorial. A forma actual, Sanxenxo, coa grafía do estándar actual, oficializouse en 1984, en substitución das castelanizadas Sangenjo (desde 1877) e anteriormente Sanjenjo (Variaciones).
Información específica d'étimu pa esti topónimu
Procede do acusativo GENESIUM, aínda que nas atestacións históricas vese vacilación cos resultados do xenitivo, GENESII (Sanctu Genesi, Sancti Genes), seguramente por influencia dos moi numerosos topónimos de posesores. Finalmente, a forma rematada en -o asentouse xa a finais da Idade Media.
A partir do séc. XVI, cando o galego foi relegado dos usos escritos, os topónimos galegos sufriron a flutuación das grafías do español (Sanjenjo, San Genjo, San Genxo, San Jenxo, Sanxenxo). No século XX xa estaba consolidada como oficial a forma gráfica Sangenjo, que inducía a unha pronuncia co son /x/ (fricativa velar xorda), á maneira do castelán, se ben na fala popular articulábase o son autóctono, /ʃ/ (fricativa postalveolar xorda), situación que continuou durante o franquismo. Coa chegada da democracia e a confección do Nomenclátor galego, a forma ditaminada foi Sanxenxo, conforme á pronuncia e a grafía estándar galegas (véxase Navaza_2012).
Documentación histórica
Vieya y medieval
Moderna
- Sa[n]genjo, Sanjenjo (Mosteiro de Armenteira) 1519 PARES
- puerto de San Jenjo 1521 AHUS
- San Jenxo (Mosteiro de San Xoán de Poio) 1549-1630 PARES
- San Genxo o Gines de Padrinas 1607 MemoriasHoyo 522
- Billa de San Xenxo 1627 ACS
- Sanxenxo 1746 SarmientoColección
- San Genjo, Sanjenjo 1845-1850 DicMadoz
Cognaos y topónimos rellacionaos
Sanxés (A Pontenova, Lu), San Xes (parroquia de Paderne de Allariz, Ou), San Xes da Peroxa (parroquia da Peroxa, Ou), San Xes de Vilariño (parroquia de Lobeira, Ou), San Xes de Francelos, nome dunha capela prerrománica en Ribadavia. Estas formas proceden do xenitivo (GENESII), como é máis habitual na toponimia, e non do acusativo.
en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org