Skip to main content
Tornar a ToponHisp
  • Consulta del diccionario
  • Resultados del proyecto
  • Bibliografía
  • Fuentes
  • Accesu investigadores
esglcaeupt-ptast

Vilasantar

Vilasantar

Tipoloxía ou caracterización xeográfica

Concello
Idioma del topónimo
Galego

Étimu

VĪLLA
Latino
Hábitat humanu » Población
SENTARIUS
Germánico
Deantroponímico » Nome personal

Resume xeneral

Composto de vila (< lat. VILLA) e Santar, que procede de SENTARII, xenitivo do nome medieval de orixe xermánica Sentarius.

Aspectos xeográficos, históricos, administrativos

O termo municipal de Vilasantar creouse en 1836 que pertenceran no Antigo Réxime ao couto de Mezonzo e á xurisdición de Mesía (provincia de Santiago). O nome procede do da parroquia en que se estableceu a casa consistorial. Nesta zona localizábase o condado altomedieval de Présaras, cuxo nome aínda se conserva no dunha parroquia (NavazaConcellosCor).

Información específica d'étimu pa esti topónimu

A forma do xenitivo do nome, Sentarii, experimentou unha asimilación da vogal da sílaba inicial: SENTARII > Sentar > Santar, como demostran as atestacións medievais. O cambio consolidouse a partir do séc. XVI.

A forma castelanizada que figuraba nos nomenclátores modernos, Villasantar, foi restituída á súa forma orixinal, Vilasantar, en 1985.

Documentación histórica

Vieya y medieval

  • "porto quod est inter Cenfoga et villa Sentar" 1061 DocCoruña
  • "in uilla Sentar" 1063 DocCoruña

Moderna

  • "Santiago de Villasantar" 1500 LSubsidioSantiago
  • "Ygleesia de Santiago de Billasantar" 1566 ACS
  • "Santiago de Villasantar" 1753 CME-Vilasantar
  • "Vilasantar (Santiago de): felig. en la prov. de la Coruña (7 4/2 leg.), dióc. de Santiago, part. jud. de Arzua (3 1/2) y aunt. de sun nombre y del que es cap. ... Pobl.: 15 vec., 100 alm." 1839 DicMadoz.

Cognaos y topónimos rellacionaos

A voz vila é a máis frecuente entre as palabras comúns da toponimia galega: aparece en 885 lugares, tanto nos chamados nomes de posesores, de formación altomedieval (Vilalvite) coma en compostos máis ou menos transparentes: Vilaboa, Vilachá, Vilacova, Vilamaior, Vilaverde, Vilanova... (Boullón_2021).

Do mesmo nome xermánico, Sentarius,  proceden probablemente os topónimos Santar (Muras, Ourol, Lu, e Boimorto, Co; en Portugal, en Viseu e Braga), A Ponte Santar (Palas de Rei, Lu), Sandar (Ames, Co) e Cendal (Oleiros, Co).

Tamén cabe a posibilidade de que algún dos topónimos que conteñen e na primeira sílaba proveñan do nome de orixe xermánica *Santarius/*Sandarius (HGNB 231), formados a partir do gót. santh 'verdadeiro'. Cumpriría coñecer as atestacions medievais para comprobalo. 

Ana Boullón:  "Vilasantar", 

en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org 

[consultado en 14-05-2025].
Fecha: 07/04/2024
3757
no-portugues

Coordenadas: -8.121643083 43.07283144

Las coordenadas en el estado español proceden del IGE

×Cerrar

Visualización de capas

One fine body…

Close Save changes
Transcripción fonética
[bilasanˈtaɾ]
Audio
Ensin provincia
A Coruña
Población
1232 (2023)

Xentiliciu y nomatos coleutivos

Xentiliciu/-os

Vilasantarense

Pseudoxentiliciu/-os
Ensin datos

Antropónimos orixinaos pol topónimu

Apellíu
No ha generado apellido
Nome
Nun xeneró nome personal

Bibliografía específica

Nun hai bibliografía

Robla

Redaición: Ana Boullón

Ministerio de ciencia
Xunta de Galicia
Instituto da Lingua Galega
UPNA
UAM
Universidad de Zaragoza

El proyeutu I+D+I Toponomasticon Hispaniae ta financiáu pol MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. La presente aplicación cuntó con una ayuda pa la consolidación ya estruturación d'unidaes d'investigación competitives de la Xunta de Galicia (ED431C 2021/20).

Menú del pie

  • Polítiques de privacidá
  • Polítiques de cookies
  • Contautu
-
-
-
-