Reboredo
Tipoloxía ou caracterización xeográfica
Étimu
Resume xeneral
O topónimo Reboredo provén do latín RŌBŎRĒTU ‘carballeira’ e trátase dun colectivo derivado de robur, roboris ‘carballo’.
Aspectos xeográficos, históricos, administrativos
Temos constancia de que a parroquia de Borraxeiros do concello veciño de Agolada xunto coa de Reboredo de Antas de Ulla nomearon un arciprestado eclesiástico desde o século XVII ata finais do XIX chamado Reboredo-Ventosa.
Documentación histórica
Vieya y medieval
- "Villa territorio Roboreto, subtus monte Sumeo" 1075 CPR
- "Iohannem Romeu e Dominicum Iohannis, heredes de Reboredo, de altera (...)" 1239 CDVilarDonas
- Revoredo 1285 CDVilarDonas
- "Freguesía de Santiago de Reuoredo" 1376 CDVilarDonas
- "(...) la tercera parte del lugar de Sucadío, sito en las feligresías de San Xoán de Antas de Ulla, Santiago de Reboredo, San Xurxo de Terra Chá y San Miguel de A Cervela" 1541 ACS
Moderna
Paisax toponímicu de la rodiada
No mesmo concello: Carballo (parroquia de Antas de Ulla)
Cognaos y topónimos rellacionaos
En Galicia hai outros 60 lugares chamados (O) Reboredo, sete (A) Reboreda, o plural Os Reboredos (un nas Pontes de García Rodríguez, Co) e o composto Torreboredo (A Estrada, Po). Atopamos algúns derivados como Rebordelo (en 16 lugares e na parroquia de Cotobade, en Pontevedra), Rebordelos (Val do Dubra, Santa Comba, Ordes e Carballo, na provincia da Coruña, e O Páramo, en Lugo) e Os Rebordelos (Muras, Lu). Este último tamén se rexistra co sufixo diminutivo moderno, Rebordiños (Vilalba, Esgos, e dous en Guitiriz, todos eles na Terra Chá luguesa) e en composición: Rebordondo (Cualedro, Ou, Portomarín e Taboada, Lu), Rebordochao (Monfero, Co) e Rebordondiego (O Saviñao, Lu); algúns levan un sufixo xentilicio: Rebordáns (Ponteceso, Negreira, Co), Rebordaos (tres na Coruña e tres en Lugo).
en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org