Skip to main content
Tornar a ToponHisp
  • Consulta del diccionario
  • Resultados del proyecto
  • Bibliografía
  • Fuentes
  • Accesu investigadores
esglcaeupt-ptast

Bande 1

Bande 1

Tipoloxía ou caracterización xeográfica

Lugar
Concello
Parroquia
Idioma del topónimo
Galego

Étimu

*VANĂTE
Prerromano
Hidrotoponimia

Resume xeneral

Probablemente procede dunha forma prerromana, quizais da raíz hidronímica indoeuropea *aw(e)-, ‘humedecer, mollar, fluír’.

Aspectos xeográficos, históricos, administrativos

O nome do concello de Bande procede do da parroquia; tamén o é da vila, do arciprestado da diocese de Ourense, que coincide co municipio de Bande e Lobeira. Conta con augas termais e foi sede dun campamento romano, chamado Aquis Querquennis, do que se conservan restos, hoxe medio asulagados polo encoro das Conchas (1944).

Información específica d'étimu pa esti topónimu

A etimoloxía de Bande foi posta en relación co teónimo Bandi, Bandue, amplamente documentado en inscricións galaico-lusitanas. E a orixe deste relacionouse coa raíz indoeuropea *Bhendh- «atar» ou a raíz *band-, emparentada, entre outras, co irlandés banna / bainne «gota» e buinne «manancial» ou por un composto do celta ban 'muller' e dia 'deusa' (Pedrero_1999).

A principal obxección a esta proposta é que as formas medievais do topónimo ourensá presentan consistemente a forma Vanate, o que obriga a descartala. Dado que está amplamente documentado como hidrónimo antes de designar un núcleo de poboación e territorio, Bascuas_2014 propón un derivado da raíz hidronímica indoeuropea *aw(e)- ‘humedecer, mollar, fluír’,  a través dun tema *Wanăti- "emparentado co lit. vanduõ, vándenį ‘auga’. A raíz destas formas lituanas é *wa-n-d  con  -n  infixo coma no ai. undáti ‘brotar, mollar’ ou no lat. unda ‘onda’, en alternancia con ai. udán ‘auga’, gót. watō (de *wod ) ‘auga’, ingl. water, rus. voda (vodka, propiamente ‘auguiña’, §29). Á vista destes feitos, o noso hidrónimo pode explicarse como un tema en  i  *Wa-n-ă-ti , con /a/ na raíz correspondente a /o/ en linguas de cinco vogais, -n- infixo, -ă- anaptíctico e -t- novamente en alternancia coa sonora do lit. vanduõ e demais correspondencias aducidas" (§50.1).

Por outro lado, a súa terminación en -e fai pensar nunha posible orixe nun nome persoal, a partir dun xenitivo da segunda declinación. Pero non documentamos ningún antropónimo *Vanatus (ou forma semellante).

Documentación histórica

Vieya y medieval

  • "Sorica [río Sorga] et Vanate" 949 TCelanova
  • "discurrente rivulo Vanate" 998, 1025 TCelanova
  • "in territorio Limie secus fluvium Limie, inter Vanate et Sallare [río Salas]" 1062 
  • "fmonasterio de Porcaria in villa de Ruivales iusta  fluvio Vanate 1074 TCelanova
  • "Sancto Petro de Vanade" 1031 TCelanova
  • "territorio de Vanate circa ecclesiam Sancto Petro" 1036 CDCelanova
  • "ecclesia sancto Petro de Vanate" 1065 TCelanova
  • "eclesie sancto Iacobo discurrente rivulo Vanade" 1067 TCelanova
  • "terra de Vanate" 1077 TCelanova
  • "territorio Vanade" 1104 TCelanova
  • "Gil Fernández da Vande" 1437 DocDevOurense
  • "ena aldea de Coruelle, en terra de Vaande" 1451 DocDevOurense
  • "Diego do Ribeyro, juez de terra de Vaande" 1488 DocDevOurense

Moderna

  • "felegresía de San Pedro de Vade" 1553 (Archivo de la Real Chancelería de Valladolid) PARES
  • "la tierra de Bande" 1589 (Archivo de la Real Chancelería de Valladolid) PARES
  • "Vande y Celanoba. ... concejo y vezinos de Vande"  1610 (Archivo de la Real Chancelería de Valladolid) PARES
  • "partido y juriscdcción de Vande" (Archivo de la Real Chancelería de Valladolid) 1613(1614) PARES
  • "Feligresía de san Pedro de Vande. ... En el lugar de Villameá, feligresía de san Pedro de Bande" 1753 CME-Bande
  • "BANDE: ayunt. en la prov. y dióc. de Orense (6 leg.) de la aud. terr. y c.g. de la Coruña (24).  ... Pobl.: 1.343 vec., 6.715 alm.  BANDE.: ant. jurisd. en la prov. de Orense. ... BANDE: part. jud. de entrada en la prov. y dióc. de Orense. ...  comprende 6 ayunt.  ... BANDE (San Pedro de): felig. en la prov. y dióc. de Orense (6 leg.), part. jud. y ayunt. de Bande, de los que es cap."  1847 DicMadoz

Cognaos y topónimos rellacionaos

Pese a homonimia actual, os topónimos Bande de Láncara (Lu) e o seu composto Bande Susaos non ten que ver co ourensán, pois atéstase con B- etimolóxico: 

Hai un lugar chamado Bandebó en Cambre (Co), que posiblemente é un composto de Bande co adx. bo. E tamén os derivados Bandelo (Lugo e Outeiro de Rei, Lu), que portan o sufixo diminutivo -ELLU. Pero, ao carecermos de atestacións medievais destas formas, non podemos saber a cal das raíces mencionadas se deben adscribir.

Ana Boullón:  "Bande 1", 

en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org 

[consultado en 14-05-2025].
Fecha: 28/08/2024
4495
no-portugues

Coordenadas: -7.9752718 42.03162122

Las coordenadas en el estado español proceden del IGE

×Cerrar

Visualización de capas

One fine body…

Close Save changes
Transcripción fonética
ˈbande̝
Audio
Ensin provincia
Ourense
Población
1.482 (2023)

Xentiliciu y nomatos coleutivos

Xentiliciu/-os

Bandés, -esa.

Pseudoxentiliciu/-os
Ensin datos

Antropónimos orixinaos pol topónimu

Apellíu
Bande
710 ocurrencias
Fonte: CAG

O apelido Bande ten dous focos de expansión, procedentes de cadanseu topónimo: por un lado, a parroquia ourensá (cos portadores censados nas comarcas de Sarria e Lugo) e, por outro, un lugar de Láncara, Lu (que ten distinta orixe etimolóxica), con portadores sobre todo na comarca de Celanova, e a maior densidade no concello de Cartelle

Bande
Nome
Nun xeneró nome personal

Bibliografía específica

Nun hai bibliografía

Robla

Redaición: Ana Boullón

Campamento romano de Bande (Creative Commons), por David Pepín

Campamento romano de Bande (Creative Commons), por David Pepín

Ministerio de ciencia
Xunta de Galicia
Instituto da Lingua Galega
UPNA
UAM
Universidad de Zaragoza

El proyeutu I+D+I Toponomasticon Hispaniae ta financiáu pol MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. La presente aplicación cuntó con una ayuda pa la consolidación ya estruturación d'unidaes d'investigación competitives de la Xunta de Galicia (ED431C 2021/20).

Menú del pie

  • Polítiques de privacidá
  • Polítiques de cookies
  • Contautu
-
-
-
-