Ir o contido principal
Volver a ToponHisp
  • Consulta do dicionario
  • Resultados do proxecto
  • Bibliografía
  • Fontes
  • Acceso investigadores
esglcaeupt-ptast

Viladesuso

Viladesuso

Tipoloxía ou caracterización xeográfica

Parroquia
Idioma do topónimo
Galego

Étimo

VĪLLA
Latino
Hábitat humano » Poboación
SŪRSUM
Latino
Valoración » Situación, orientación

Resumo xeral

Composto de vila (<lat. VILLA), a preposición de e o adverbio suso 'de arriba', do lat. SURSU.

Aspectos xeográficos, históricos, administrativos

Parroquia do concello de Oia que ten como advocación san Miguel.

Documentación histórica

Antiga e medieval

  • “in Mougaes et in uilla de Sursian” 1135-1148 CDOia
  • Villa de Suso 1343 CDOia

Moderna

  • "Villadesuso (San Miguel). ... Su iglesia fue construida en 1788"  GGReinoGalicia.

Cognados e topónimos relacionados

A voz vila é a máis frecuente entre as palabras comúns da toponimia galega: aparece en 885 lugares, tanto nos chamados nomes de posesores, de formación altomedieval (Vilalvite, Vilasantar...) coma en compostos máis ou menos transparentes: Vilaboa, Vilachá, Vilacova, Vilamaior, Vilaverde, Vilanova... (Boullón_2021).

O adverbio suso foi moi produtivo en Galicia na composición de topónimos: aparece en case 50 lugares do NG, amais de nesta parroquia. Co mesmo composto, Viladesuso, hai tres lugares (Cedeira e Ponteceso, Co, e Catoira, PoI), con grafía diferencianciando as palabras, Vila de Suso, outras tres (A Baña, Boimorto, Co, Catoira, Po), sen preposición (Vilasuso, 21 lugares),sen máis elementos léxicos (Suso, O Suso) e en diferentes composicións: Angueira de Suso, Casaldesuso, A Casusa, Condesuso, Ferreira de Suso, Lume de Suso, Susavila, Susovila, Valdesuso, Vilar de Suso.

A partir de sursum formouse o adx. susanus, -a, -um 'de baixo', que vemos nos topónimos compostos Bande Susaos, Barrasusá (A Peroxa, Ou), Camposusao  (Xove, Lu), Fontesusán (Rianxo, Co), Lamasusán (Pazos de Borbén, Lu) e, de forma independente, coa terminación feminina en Susá (Pol, Taboada3, Lu), coa masculina en Susao (Monforte, Lu) e Susaus (O Castro de Caldelas, Ou).

Para o dominio castelán, véxase Barriosuso.

Ana Boullón:  "Viladesuso", 

en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org 

[consultado en 12-05-2025].
Data: 14/05/2024
4152
no-portugues

Coordenades:-8.87240159 42.03549927

As coordenadas no estado español proceden do IGE

×Cerrar

Visualización de capas

One fine body…

Close Save changes
Transcrición fonética
bilaðeˈsuso̝
Audio
Provincia
Pontevedra
Poboación (INE)
523 (2023)

Xentilicio e alcumes colectivos

Xentilicio(s)
Sen datos
Pseudoxentilicio(s)
Sen datos

Antropónimos orixinados polo topónimo

Apelido
Non xerou apelido
Nome
Non xerou nome persoal

Bibliografía específica

Non hai bibliografía

Sinaturas

Redacción: Ana Boullón

O proxecto I+D+I Toponomasticon Hispaniae está financiado polo MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. A presente aplicación contou cunha axuda para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas da Xunta de Galicia (ED431C 2021/20).

Menú del pie

  • Políticas de privacidade
  • Políticas de cookies
  • Contacto
-
-
-
-