Skip to main content
Tornar a ToponHisp
  • Consulta del diccionario
  • Resultados del proyecto
  • Bibliografía
  • Fuentes
  • Accesu investigadores
esglcaeupt-ptast

Abadín

Abadín

Tipoloxía ou caracterización xeográfica

Lugar
Concello
Parroquia
Idioma del topónimo
Galego

Étimu

ABBATINUS
Latino
Deantroponímico » Nome personal

Resume xeneral

Procede de ABBATINI, xenitivo do nome persoal Abbatinus, derivado de abbas, posiblemente de inspiración cristiá. Designaba unha propiedade de alguén chamado Abatinus (Piel_1953_RPF). 

Aspectos xeográficos, históricos, administrativos

O territorio do actual concello foi unha xurisdición formada polos señoríos de Baroncelle, Costas de Monte e Vilarente. O abade do mosteior de Meira outorgou unha carta de poboación en 1254 ós poboadores da granxa de Vilarente para que formasen concello, coa elección de sete veciños, entre os cales o dito abade nomearía a un alcalde e os demais, xurados. Pertenceu ó cabido da catedral de Mondoñedo ata que este vendeu en 1562 o couto de Abadín á familia Luaces, con xurisdición civil e criminal (GEG). En 1833, ó desaparecer a provincia de Mondoñedo, pasa a depender da de Lugo. En 1999 cambia o nome da súa capital por Abadín ou Provecende (Ant.: Abadín) (VariaciónMunicipios). A parroquia onde está o concello ten o mesmo nome e por advocación, Santa María.

Información específica d'étimu pa esti topónimu

Rexístrase primeiro como sobrenome e como primeiro nome,  tamén con flexión de xénero, cunha certa frecuencia desde o séc. XII (aínda que o topónimo tivo que ser xerado antes):

  • "Martino Arie, dicto Abbatino, ecclesie Beati Iacobi canonico" 1179 TCSantiago
  • "Abadinus" 1191 CDPinario
  • "Abbatinus de Vico Nouo" 1192 TToxosoutos
  • "Abbatinus capellanus ecclesie Sancti Nicholai" 1202 TSobrado
  • "Martinus Abbatinus monachi" 1229 CDMeira
  • "Maria Abadina" 1250 CalMondoñedo

Documentación histórica

Vieya y medieval

  • "filigresia de Abadin" 1277, "hereditatem de Abbadin" 1287, "clerici de Abbadim" 1302, "yglesia de Abadin" 1488 CalMondoñedo

Moderna

  • "Feligresía de Santa María de Abadín" 1752 CME-Abadín
  • "ABADIN: ayunt. en la prov. de Lugo (6 1/2 leg.), aud. terr. de la Coruña (14), c.g. de Galicia y part. jud. de Mondoeño (2). ...  Pob.: 769 vec. y 3.844 alm." 1845 DicMadoz

Cognaos y topónimos rellacionaos

Amais deste concello lugués, existe con esta forma un lugar en Vilalba (Lu). É variante Abedín (A Peroxa, Ou), que foi foco do actual apelido Abadín.

En Portugal: Abadim (Cabeceiras de Basto, Braga), Abedim e Badim (ambos en Monção, Viana do Castelo).

Ana Boullón:  "Abadín", 

en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org 

[consultado en 13-05-2025].
Fecha: 18/03/2025
6427
no-portugues

Coordenadas: -7.474995967 43.36358653

Las coordenadas en el estado español proceden del IGE

×Cerrar

Visualización de capas

One fine body…

Close Save changes
Transcripción fonética
aβaˈðiŋ
Audio
Ensin provincia
Lugo
Población
2217 (2024)

Xentiliciu y nomatos coleutivos

Xentiliciu/-os

Abadinense

Pseudoxentiliciu/-os
Ensin datos

Antropónimos orixinaos pol topónimu

Apellíu
Abadín
310 ocurrencias
Fonte: DAG

Case o 70% dos portadores actuais de Abadín están censados en concellos das comarcas de Ourense e Allariz-Maceda, o que indica que o foco de expansión máis produtivo foi a aldea da Peroxa, pertencente á parroquia de Toubes. 

Abadín
Nome
Nun xeneró nome personal

Bibliografía específica

Ares Vázquez, Nicandro (2019): “Toponimia do concello de Abadín”, Lucensia 29/58, 99-122.
 

Robla

Redaición: Ana Boullón

Ministerio de ciencia
Xunta de Galicia
Instituto da Lingua Galega
UPNA
UAM
Universidad de Zaragoza

El proyeutu I+D+I Toponomasticon Hispaniae ta financiáu pol MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. La presente aplicación cuntó con una ayuda pa la consolidación ya estruturación d'unidaes d'investigación competitives de la Xunta de Galicia (ED431C 2021/20).

Menú del pie

  • Polítiques de privacidá
  • Polítiques de cookies
  • Contautu
-
-
-
-