TABǓLĀTA
O latín tabǔlāta 'pequena construción feita con táboas' (DuCange) deriva de tabŭlo, y este de tabǔla ‘plancha de madera’. A súa motivación toponímica pode ser a mesma da acepción latina (probablemente aplicada a unha ponte de madeira) ou deberse súa extensión metafórica ao terreo da orografía: de 'cuberto de táboa' a 'terreo plano'. Tamén se utiliza en hidronimia para designar as zonas dun río con augas mansas.
Deu lugar a distintos topónimos na Península Ibérica: en Galicia, con dúas evolucións diverxentes: Taboada e Trabada (con derivados Taboadela, Taboadelo); en Portugal: Tabuados, Tablado, Tablados (e os derivados Taboadela/Tabuadela, Taboadelo/Tabuadelo); en Asturias: Trabada, Trabáu, Tabláu (e os derivados Tabladiello e Tabladiel); en León: Tabladas (e o derivado Trabadelo); en castelán, Tablada, Tabladas, Tablado (e o derivado Tabladillo e o composto Bustablado); en catalán:Taulat, Taulada.
Atéstase no noroeste peninsular desde o séc. VIII: "in montem super Tabulata" 775 CDCatedralLeón 1, pp. 3-5.
Erredakzioa: Ana Boullón
Contribucións: Toribio Fuente Cornejo.