Taboada
Tipología o caracterización geográfica
Étimo
Derivado
Resumen general
Do latín tabǔlāta, 'pequena construción feita con táboas'.
Aspectos geográficos, históricos, administrativos
Segundo Delgado Gómez (2006), o nome do actual concello de Taboada está relacionado co de Ponte Taboada (concello de Santiso), que procede dunha ponte de táboas construída sobre o río Deza no ano 912, como consta aínda hoxe nunha inscrición nunha pena a carón da ponte; unía as terras limítrofes dos actuais concellos de Silleda e Lalín. Outra inscrición do mesmo ano testemuña a construción doutra ponte sobre o río Arnego na actual parroquia de Cadrón (Lalín), que continuaba o mesmo camiño real. Na documentación medieval consta xa unha terra de Taboada no séc. XIII. A liñaxe dos Taboada foi iniciada por Arias Pérez de Taboada, no mesmo século, e as súas posesións incluían a dita Ponte Taboada. Era orixinario da parroquia Sancte Marie de Tabulata, hoxe Taboada dos Freires (Santa María). O emblema heráldico desta casa nobre (condado outorgado en 1683, GEG) contén catro táboas verticais, en referencia á primitiva ponte de táboas. O actual concello contenas tamén no seu escudo.
O concello constituíuse en 1840, coa denominación da xurisdición da zona. Actualmente, ademais do concello, levan o nome a parroquia Taboada dos Freires (en referencia aos templarios, segundo Delgado Gómez 2006: 107-109), un lugar desta parroquia e outro da de Carballo (San Tomé) (NG).
Información específica de étimo para este topónimo
O topónimo rexístrase desde o séc. XIII coa forma Tabulata, que evolucionou regularmente con perda do -l- ao moderno Taboada; outra evolución alternativa tívoa Trabada (véxase).
Documentación histórica
Antigua e medieval
- "Eguidius Ade[fonsi] prestameiro in Tabulata et maiordomus" 1232 CDOseira, p.349
- "Sancto Johanne de Prigazon, de Usadra, de Tauoada" 1244 CDLugoCañizares pp. 185-187
- “domno Egidio Fernandi tenente terram de Tabulata” 1252 CDOseira, pp. 650-651
- "Arias Petri de Tabulata, miles" 1254 CDOseira, pp. 678-679 [testamento]
- “Et mando ecclesie sancti Iacobi hereditatem meam de Devessa et de Relles et quantum habeo a Ponte Tabulate” 1257 CDOseira pp. 753-754 [Ponte Taboada, en Silleda]
- "unum est in Castro sub aula de santi Vereximo de Tavuoada” 1264 CDOseira, pp. 868-869 [San Breixo, igrexa desaparecida entre Cerdeda e Bouzoa: vid. Delgado Gómez 2006: 15]
- “domnus Arie Petri de Tauoada” 1257 CDFPallares, pp. 483-484
- “Mathei Iohannis, notarii iurati in terra de Taboada” 1324 CDAsmaChantada, pp. 246-248
- "freygesya de San Lourenço de Gondulfe, que he en terra de Taboada, do alfoz de Chantada" 1463 CDVilarDonas p. 417
- "Santa Maria de Tabuada" 1494 CDVilarDonas p. 514
Moderna
Cognados y topónimos relacionados
En territorio galego existen outros cognados, algúns coa mesma evolución:
- Lugares: Taboada (Carballo, Co; Cesuras, Co; Ferrol, Co; Monfero, Co; O Pino; Co; Taboada, Lu, Vila de Cruces, Po), A Taboada (Val do Ubra, Co), A Ponte Taboada (Silleda, Po), Taboada dos Freires (Taboada, Lu).
- Parroquias: Taboada (Monfero, Co; Silleda, Po)
E con derivados:
- Taboadela (lugar en Muíños, Ou; Paderne de Allariz, Ou; Taboadela, Ou), Taboadelo (lugar en Forcarei, Po; A Lama, Po; Ponte Caldelas, Po)
e outros con variación evolutiva:
- A Trabada (lugar en Alfoz, Lu) Trabada (concello e lugar en Trabada, Lu)
en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org