Castelo de Pallares
Tipologia edo geografia karakterizazioa
Etimoa
Laburpen orokorra
Composto das palabras transparentes Castelo (lat. CASTĔLLU) e Pallares (< lat. PALEARES).
Geografi, historia, administrazio alderdiak
A parroquia documéntase desde o séc. XII coa mesma advocación, San Salvador. A documentación indica a existencia dun monasterio durante o séc. XIII, do que non hai restos, pero puideron estar situadas nos lugares de San Martiño e San Xillao (TopGuntín 28). Na parroquia hai dous lugares chamados Castelo Grande e Castelo Pequeno; no primeiro deles sitúase a igrexa parroquial e na segunda hai restos dun castro, que posiblemente lle deu o nome.
O condado de Pallares era un territorio medieval situado en parte no actual concello de Guntín. Foi un dos once en que se dividiu a diocese lucense, no concilio de Lugo de 559-570, congregado polo rei suevo Teodemiro, e confirmado polo seu fillo Miro en 572 ("sextus comitatus dicitur Pallarensis" ESagrada). Na relación de concellos establecida en 1835 figuraba o de Ferreira de Pallares, ata 1840, en que sería absorbido polo de Guntín. O nome do antigo condado subsiste en tres das súas parroquias: Castelo de Pallares, Ferreira de Pallares e Guntín de Pallares.
Dokumentazio historikoa
Antzinatekoa eta Erdi Arokoa
Castelo:
- "in loco predicto que uocitant Aluarim sub alpe montis Meta, sub aula Sancti Saluatori de Castelo" 1209 CDFPallares 315
- "ad ecclesias Sancti Michaelis de Costante et Sancti Georgii et Sancti Saluatoris de Castelo" 1247 CDFPallares425
- "ad ecclesiam Sancti Saluatoris de monasterio de Castello" 1215 CDFPallares 320-1
- "maiordomi de Paliares Petri Arias de Castelo" 1250 CDFPallares 440
Pallares:
- "baselica fundata esse cernitur territorio Pallares iuxta Ferraria" 922 CDLugoCañizares 104-106.
- "In territorio Pallares uilla de Aurilio" 998 CDLugoCañizares 181-186.
- "posuerunt diem Placiti in comitato Paliares" 1078 ESagrada, TVelloLugo.
- "in territorio Palliaris porcionem nostram eiusdem monasterii quod Paliares vocitatur fundata ibi ecclesia in honore sancte Marie uirginis" 1119 CDLugoCañizares
- "uillam in Auol que est in Paleares extra Lucensem terminum", "in terra de Paleares" 1119 CDVisLugo 499-503
- "concedimus et confirmamus Uobis et Ecclesie Uestre Lucensi quatuor Ecclesias de Paleares integre cum uillis suis" 1181 TVelloLugo
- "donationem et ampliationem quam fecit pater meus, rex domnus Ferdinandus, prenominate lucensi ecclesie, scilicet, ecclesias de Paleares de Ferraria et de Nigral cum cauto suo" 1189 AlfonsoIX 52-53
Garaikidea
- "Castelo de Pallares (San Salvador de): felig. en la prov., dóc. y part. jud. de Lugo y ayunt. de Guntín" 1849 DicMadoz, tomo 12.
kognatuak eta erlazionatutako leku izenak
A palabra castelo é unha das máis frecuentes na toponimia galega: hai 85 lugares chamados Castelo ou O Castelo (ou como elemento de compostos) e catro (Os) Castelos (vid. Boullón_2021).
en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org