Skip to main content
Itzuli ToponHisp
  • Consulta del diccionario
  • Resultados del proyecto
  • Bibliografía
  • Fuentes
  • Ikertzaileentzako sarrera
esglcaeupt-ptast

Melide

Melide

Tipologia edo geografia karakterizazioa

Concello
Idioma del topónimo
Galego

Etimoa

MELLĪTUS
Latino
Deantroponimikoak » Pertsonak

Laburpen orokorra

Do xenitivo MELLĪTI do nome persoal latino Mellītus. O antropónimo latino Mellitus provén do adx. mellitus, -a, -um 'de mel', 'doce como a mel', 'querido', derivado do latín mĕl, mellis 'mel'. Nos repertorios de nomes latinos (KajantoCognomina, p. 284) clasifícano como un nome laudatorio.

Geografi, historia, administrazio alderdiak

O topónimo designa a localidade e a parroquia que lle dan nome ó municipio e tamén á parroquia veciña de Santa María de Melide. O crecemento do burgo de Melide está ligado ao camiño de Santiago. O concello constituíuse en 1836 con parroquias que pertenceran ás xurisdicións de Abeancos, Boente e Toques, e á da vila de Melide, unha das dezasete vilas da provincia de Santiago no Antigo Réxime (NavazaConcellosCor, páx. 57), baixo a forma castelanizada Mellid. O nome orixinal, Melide, resitituíuse no nomenclátor en 1984.

Leku izen honentzako informazio berezkoa

Joseph Piel  (NotasTopGal, páx. 6) afirmaba que "não conhecemos exemplos medievais de MELLĪTUS", polo que consideraba que "se deve explicar como genitivo de BELLĪTUS" e que "Melide está por un antigo Belide, com troca de b- em m-". Pero o certo é que en Galicia está ben atestado, polo menos desde o séc. X ("Militus confirmat" 916, "Melitus confirmat predicti loci" 922 CalendMondoñedo; "terra nostra propria quam habemus de patre nostro Mellitu" 931 TumbSobrado; "Mellitus presbiter" 976 CDLugoCañizares).

Dokumentazio historikoa

Antzinatekoa eta Erdi Arokoa

  • "hoc fuit por concilium de uilla Milide factum" s.d. TumbSobrado
  • "et venimus inde in sinodum in loco predicto in Melliti" 1074 TSamos
  • "metum unam casam in Melide" 1152 DocSobrado
  • "casa mea propria quam habemus in burgo que uocatur Melide" 1189 TumbSobrado
  • "Dada enna nosa villa de Melide" 1331 DocSMBelv

Garaikidea

  • "Juan de Mellid, xastre" 1576 ACS
  • "Margarita Piñeira, biuda de Juan de Inssua, vezino de Çaragoça, e yo natural de la villa de Mellid" 1669 AHUS
  • "Fernando Arias Conde con el convento de Melliz" 1711 ARG

 

kognatuak eta erlazionatutako leku izenak

Teñen este mesmo nome un lugar na parroquia de San Salvador de Camba (Rodeiro) e outro na de Camporramiro (Chantada).

Na microtoponimia, ademais doutros xerados polas entidades de poboación mencionadas, temos que destacar na parroquia do Hío, en Cangas, unha zona da beiramar chamada Melide, que dá nome á Praia de Melide, O Río de Melide e moitos outros talasónimos como Os Secos do Sinal de Melide, As Laxes do Sinal de Melide e tamén formas cun plural secundario como un baixío chamado As Melides e outras marcas de orientación para os mariñeiros: O Banco das Melides, Suroeste das Melides e Avante das Melides.

Meilide (parroquia de Cerdedo no concello homónimo) podería ser unha variante, por analoxía con outros antropotopónimos de varias orixes que empezan por Mei-: Meilán, Méixome, Meixomín, Meitriz, Meitufe. Outro topónimo Mellide (en Ons, Bueu), recollido como parte de aldea no proxecto Galicia Nomeada, podería ser unha alteración castelanizante de Melide, como sucedeu co topónimo de Rodeiro anteriormente citado, que figurou ata finais do século XX nos Nomenclátores coa forma errada *Mellide. 

Non sabemos se Melides, freguesía de Grândola, en Portugal, tamén é un plural secundario de Melide e ten a súa orixe nun antropónimo. Galmés de Fuentes (PluFemMozarabes, páx. 62) considérao un plural feminino en -es, propio dalgunhas voces mozárabes, e remite a uns inexistentes topónimos Melida en Valladolid e Navarra, que en realidade son Mélida. Sobre a etimoloxía do Mélida navarro véxase Mikel Belasko. Toponimia [última consulta: 15/10/23]. Con todo, hai tamén en Portugal unha Capela da Nossa Senhora de Milides (ou Melides), na parroquia de Colares (Sintra), documentada desde o século XII, nos textos máis antigos con formas singulares (Melida, Meljda, Melijda, Mellide, Melide, Melyda), e aínda no século XIV como Melide, como consta nesta transcrición dunha Carta de doação da Quinta de Melides, do Arquivo Municipal de Sintra. Consta para este Melides ou Milides unha etimoloxía popular: Despois da conquista de Lisboa, o rei enviou a Sintra vinte cabaleiros para espiar os mouros, que se retiraran. Ao chegar a Colares, a Virxe aparecéuselles a estes homes e animounos coas súas palabras: "Ide, que mil ides". No lugar erixiuse unha capela para celebrar a posterior vitoria militar.

En última instancia, é moi probable que os topónimos mencionados no anterior parágrafo teñan, coma o noso, orixe remota no latín mĕl, mellis 'mel'.

 

 

Luz Méndez:  "Melide", 

en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org 

[consultado en 14-05-2025].
Data: 23/04/2024
3389
no-portugues

Coordenadas: -8.014248 42.914949

Las coordenadas en el estado español proceden del IGE

×Cerrar

Visualización de capas

One fine body…

Close Save changes
Transcripción fonética
meˈliðe̝
Audio
Probintzia
A Coruña
Bizilagunak
7438 (2022)

Herritarren izena eta talde izengoitiak

Herritarren izena(k)

melidao, melidá

Sasigentilizioak
Daturik ez

Leku izenak sortutako jende izenak

Abizena
Mellid
190 ocurrencias
Iturria: Cartografía dos Apelidos de Galicia

A presión da forma castelanizada fixo desaparecer a forma autóctona que parece que só se conserva, con moi poucos portadores, no Uruguai e na Suíza. 

 

 

 

Izena
Ez du jende izenik sortu

Bibliografia berezia

Bibliografiarik ez dago

Sinadurak

Erredakzioa: Luz Méndez

Ministerio de ciencia
Xunta de Galicia
Instituto da Lingua Galega
UPNA
UAM
Universidad de Zaragoza

MCIN/AEI/10.23039/501100011033k finantzatu du Toponomasticon Hispaniae I+D+I proiektua. Aplikazio honek Galiziako Xuntak ikerketa guneen finkapenerako eta egituraketarako ematen dituen laguntzetako bat izan zuen.

Menú del pie

  • Pribatutasun politikak
  • Cookies politikak
  • Harremanetarako
-
-
-
-