Skip to main content
Itzuli ToponHisp
  • Consulta del diccionario
  • Resultados del proyecto
  • Bibliografía
  • Fuentes
  • Ikertzaileentzako sarrera
esglcaeupt-ptast

Gudiña, A

Gudiña, A

Tipologia edo geografia karakterizazioa

Localidad
Municipio
Parroquia
Idioma del topónimo
Gallego

Derivado

GUTA, GUTO » -ĪNA, -ĪNU

Laburpen orokorra

Diminutivo do nome persoal feminino Goda, de orixe xermánica, co sufixo latino -INA.

Geografi, historia, administrazio alderdiak

O actual concello está situado nunha zona de paso entre Galicia e a meseta (e tamén pasa a Vía da Prata do Camiño de Santiago), polo que existen por alí numerosos topónimos ou microtopónimos que indican esta circunstancia (Brea, Venda). De feito, Madoz propón como orixe do seu nome o dunha muller, Agudiña (DicMadoz), que fundó alí unha venda, arredor da cal se formaría a poboación. Outra etimoloxía popular indica que a dona desa venda era moi "agudiña", ou astuta, de forma que "dun pote de caldo sacaba trinta cuncas"; por tanto, o nome viría do alcume, non do nome propio. A reinterpretación é comprensible posto que este nome feminino deixou de utilizarse xa na Baixa Idade Media. 

Foi tamén nome dunha antiga xurisdición, constituída por esta vila e mais as freguesías do Canizo, Pentes, San Lourenzo de Pentes e O Tameirón, todas elas no actual concello.

O concello constituíse coas parroquias da antiga xurisdición, máis as parroquias de Barxa, Carracedo da Serra e Parada da Serra. Nomeárono coa forma do artigo castelanizada, La Gudiña, ata que en 1985 recuperou a súa forma orixinal, A Gudiña (VariacionesMunicipios).

Leku izen honentzako informazio berezkoa

Godiña ou Gudiña foi un dos nomes femininos máis frecuentes da Galicia altomedieval (BoullónAntrMedGal p.82), documentado desde o séc. X en textos escritos en latín:

  • "Godina Adaulfiz" 957 TCelanova
  • "Felix Citiz simul et coniux mea Gudina" 982 TSamos
  • "domina Gudina" 1033 CDVisLugo
  • "Godo genuit  Godina" 1060-1065 CDLugoCañizares
  • "hereditate de Gudina Servandiz" 1076 TCelanova
  • " domna Godina de Avelanedo" 1253 CDMelón

Deixou de usarse a finais do séc. XII, de forma que apenas se documenta na Galicia baixomedieval.

Dokumentazio historikoa

Garaikidea

  • "Villa de la Gudiña, Jurisdición del mismo nombre" 1750 CME-AGudiña
  • "GUDIÑA: ayunt. en la prov. de Orense (14 leg.), part. jud. de viana del Bollo (2 1/2), aud. terr. y c. g. de la Coruña (32), corresponde á la dióc. de Orense (14) y Asgorga (22). ... Pobl.: 302 vec., 1.522 alm." 1850 DicMadoz

kognatuak eta erlazionatutako leku izenak

En Portugal hai varios topónimos procedentes deste nome persoal, tanto en masculino (Godinho en Aveiro e outros compostos) coma en feminino: Godinha (Portalegre), Godinhas (Santarém).

Ana Boullón:  "Gudiña, A", 

en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org 

[consultado en 14-05-2025].
Data: 28/04/2025
4796
no-portugues

Coordenadas: -7.139000186 42.06063452

Las coordenadas en el estado español proceden del IGE

×Cerrar

Visualización de capas

One fine body…

Close Save changes
Transcripción fonética
aɣuˈðiɲa̝
Audio
Probintzia
Ourense
Bizilagunak
1.180 (2023)

Herritarren izena eta talde izengoitiak

Herritarren izena(k)

Gudiñés, gudiñesa

Sasigentilizioak
Daturik ez

Leku izenak sortutako jende izenak

Abizena
Gudiña
62 ocurrencias
Iturria: CAG

A distribución xeográfica dos portadores, maioritariamente censados nos concellos do leste ourensán, confirma a súa orixe toponímica relativa á localidade da Gudiña.

Gudiña
Izena
Ez du jende izenik sortu

Bibliografia berezia

Bibliografiarik ez dago

Sinadurak

Erredakzioa: Ana Boullón

Ministerio de ciencia
Xunta de Galicia
Instituto da Lingua Galega
UPNA
UAM
Universidad de Zaragoza

MCIN/AEI/10.23039/501100011033k finantzatu du Toponomasticon Hispaniae I+D+I proiektua. Aplikazio honek Galiziako Xuntak ikerketa guneen finkapenerako eta egituraketarako ematen dituen laguntzetako bat izan zuen.

Menú del pie

  • Pribatutasun politikak
  • Cookies politikak
  • Harremanetarako
-
-
-
-