Skip to main content
Itzuli ToponHisp
  • Consulta del diccionario
  • Resultados del proyecto
  • Bibliografía
  • Fuentes
  • Ikertzaileentzako sarrera
esglcaeupt-ptast

Pena do Golpe, A

Pena do Golpe, A

Tipologia edo geografia karakterizazioa

Lugar
Idioma del topónimo
Galego

Etimoa

PĬNNA
Latino
Mendi izenak » Goraguneak
VŬLPE
Latino
Animalia izena

Laburpen orokorra

Composto transparente da palabra pena (do latín PĬNNA) e golpe (do latín VŬLPE 'raposo').

Geografi, historia, administrazio alderdiak

Aldea da parroquia do Pereiro, concello de Alfoz (Lu).

Leku izen honentzako informazio berezkoa

Pena

O uso toponímico desta voz constátase desde os máis antigos documentos conservados do noroeste peninsular, moitos deles xa coa forma plenamente romance:

  • "ubi intrat Sarria in Neira et uenit ad Aquilare Pena et extenditur ad Castrum Petrosum" 572 TVLugo, CDLugoCañizares
  • "quartus comitatus Sarriensis dicitur, leva se in Penna Maiore et perge ad Pando et venit ad Montem Neironem" 572 Costa_BragaLiberFidei
  • "ad cabeza do rego de Pena de Transtao" 714 TCaaveiro
  • "deiin de ad Pena Alua" 791 CDPinoMonforte
  • "e fonte de Busto vsque ad Pinnam Rubiam, de Pinna Rubia vsque ad Sanctum Christophorum" 804 DipAstur
  • "de porto Untis usque in pena de Calelio" 952 CDCelanova

Pena é hoxe unha das voces toponímicas máis comúns na toponimia maior galega: está presente en 365 lugares do NG , tanto en singular coma en plural (Boullón_2021), iso sen contar as veces en que está graficamente soldada (Penamoura, Penaquente, Penarada, Penarredonda) ou en contraccións (Penouta, Penoubiña, Penerbosa), con sufixos (Penela(s), Penouzos, Penoucos) ou en derivados (Penedo, Penido).

Golpe

As formas máis antigas para designa-lo vulpes vulpes foron golpe e golpella (ou golpello). Estas últimas deixaron diversos derivados (véxase Golpilleira) pero foron finalmente substitúidas por raposo ou raposa. Golpe mantense como voz viva na zona mindoniense (zona máis septentrional das provincias da Coruña e Lugo) (véxase Boullón Agrelo 2002).

Encontramos documentacións na súa presenza en textos medievais, pola mesma zona, desde o séc. XII, en uso antroponímico:

  • "Iohanne Golpe de Cabanas" a.1165-1175 TCaaveiro
  • "Johannes Petri dictus Golpe" a.1256 CalendMondoñedo
  • "Dominici Alfonsi dicti Golpe" 1338 CalendMondoñedo
  • "Juan Afonso Golpe" a.1410, "Domingo Golpe" a.1427 CDVilourente

A forma en plural deu nome a unha parroquia que hoxe xa non existe como tal:

  • "clericus de Sancto Martino de Golpes" 1264 CDFPallares.
  • "ecclesia sancte Marie de Nouella. ecclesia sancti Martini de Golpes. ecclesia sancte Marie de Milide. ecclesia sancti Iacobi de Linares" 1285 CDLugoCañizares
  • "Ena frigresia de Sam Martino de Golpes" 1380 DocSMBelvís
  • "Sant Martino de Golpes" 1488 DocCatMondoñedo

Posiblemente se poida identificar con Golpes, un lugar do concello de Frades (Co), que hoxe tampouco se rexistra no NG, pero que citaba aínda Madoz na freguesía de san Martiño de Ledoira (DicMadoz). 

kognatuak eta erlazionatutako leku izenak

Con esta palabra en Galicia, ademais do topónimo tratado, consígnanse no NG O Carreiro do Golpe (Ortigueira, Co) e Rego do Golpe (Viveiro, Lu). En Portugal hai tamén Golpe en Coímbra.

Tamén se rexistra un feminino A Golpa (Cariño, Co). E o derivado Golpeiras (O Vicedo, Lu).

Ana Boullón:  "Pena do Golpe, A", 

en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org 

[consultado en 09-05-2025].
Data: 28/04/2025
4870
no-portugues

Coordenadas: -7.472716402 43.47167985

Las coordenadas en el estado español proceden del IGE

×Cerrar

Visualización de capas

One fine body…

Close Save changes
Probintzia
Lugo
Bizilagunak
7 (2023)

Herritarren izena eta talde izengoitiak

Herritarren izena(k)
Daturik ez
Sasigentilizioak
Daturik ez

Leku izenak sortutako jende izenak

Abizena
Golpe
1004 ocurrencias
Iturria: CAG

Non se pode determinar con seguridade se o apelido procede dun dos topónimos ou, máis probablemente, dun alcume, debido a características psicolóxicas 'cauteloso, astuto ou raposeiro' ou físicas do animal (a cor do pelo, a axilidade), ou tamén a certas actividades (a caza). Os portadores actuais do apelido están moi maioritariamente concentrados en concellos das comarcas de Betanzos, A Coruña, Ordes, Eume e Ferrol. Isto podería indicar que a área léxica da voz foi algo máis ampla da actual, pois hoxe non chega tanto ao suroeste.

Golpe
Abizena
Pena
15600 ocurrencias
Iturria: CAG

O apelido Pena está entre os 40 máis frecuentes dos galegos, o que se corresponde coa alta frecuencia da voz como topónimo. Pola mesma razón, é moi difícil establecer os nomes de lugar de que procede, posto que ao ser un apelido de residencia, pode vir tamén de microtopónimos.

Pena
Abizena
Dapena
1333 ocurrencias
Iturria: CAG

Forma soldada da contracción da preposición de co artigo a e a palabra pena.

Dapena
Abizena
Penas
2717 ocurrencias
Iturria: CAG
Penas
Izena
Ez du jende izenik sortu

Bibliografia berezia

Boullón Agrelo, Ana Isabel (2002): “Onomástica e dialectoloxía: a propósito de raposo e golpe”, en Rosario Álvarez / Francisco Dubert / Xulio Sousa (eds.): Dialectoloxía e léxico. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega / Instituto da Lingua Galega, 115-136. ISBN: 84-95415-66-6.  <Dialectoloxía e léxico unha publicacións do Consello da Cultura Galega>

Sinadurak

Erredakzioa: Ana Boullón

Ministerio de ciencia
Xunta de Galicia
Instituto da Lingua Galega
UPNA
UAM
Universidad de Zaragoza

MCIN/AEI/10.23039/501100011033k finantzatu du Toponomasticon Hispaniae I+D+I proiektua. Aplikazio honek Galiziako Xuntak ikerketa guneen finkapenerako eta egituraketarako ematen dituen laguntzetako bat izan zuen.

Menú del pie

  • Pribatutasun politikak
  • Cookies politikak
  • Harremanetarako
-
-
-
-