Aragunde
Tipologia edo geografia karakterizazioa
Etimoa
Laburpen orokorra
De ARAGUNDI, xenitivo do nome de posesor feminino Aragundi, de orixe xermánica, composto polas raíces góticas ara- ‘aguia’ e *-gunthi ‘loita’.
Geografi, historia, administrazio alderdiak
Lugar no situado na parroquia de Catoira, no concello pontevedrés do mesmo nome.
Leku izen honentzako informazio berezkoa
O nome persoal feminino que deu lugar a este topónimo e a outros semellantes está ben atestado no noroeste penínsular desde a Alta Idade Media ata o séc. XIII. Figura como un nos nomes máis frecuentes do séc. XI e XIII en Boullón (1999: 84); Carmen Pallares (2004: 58) cítao como o máis común na documentación de Celanova. A seguír incluímos só algunhas das súas variantes.
- Aragunti 870 DiplPeriodoAstur 1
- Aragonti 926 CDCelanova
- Aragunte s.XI CDXubia
- "domna Aragunti 1062 Costa_BragaLiberFidei
- "Argunda Martini" s. XIII TSobrado
Como topónimo, sen corresponder ó pontevedrés que estamos a tratar, senón a algún dos seus cognados, atopámolo desde o séc. IX:
- "Flumen Argundi in Saliceda et uadit recta linea per ipso flumine usque in Mineo" 572 TVelloLugo
- "de Paratella homines XX, de Monte Roso XX. in Argondi Gundisalvus et progenies cum hereditate eorum, et de Paramo XX" 927 TCelanova [quizais Vilaragonte, parroquia do concello de Paradela, Lu]
- "in Ferraria Argondi" 934 TCelanova
- "nostra ratione in Miranda in uilla Aragunti et Cudilani" 969 CDVisLugo [posiblemente referido a Vilaragonte, en Vilalba, Lu)
- "in villa Aragunti" 1030 TSamos [parroquia de Paradela]
- "Territorio Palliares: Villa de Argundi" 1088 TVelloLugo [Argonde, lugar do concello de Lugo]
- "Fernando d'Argonde" (Lugo) 1502 Maia_1986 [lugar do concello de Lugo]
Dokumentazio historikoa
Antzinatekoa eta Erdi Arokoa
Garaikidea
kognatuak eta erlazionatutako leku izenak
Comparten orixe etimolóxica os topónimos galegos Argunte (Vedra, Co) Argonte (Carral, Co), Argonde (Lugo, Lu), e, precedidos con vila, Vilaragunte (parroquia e lugar en Paradela, Lu) e Vilaragonte (lugar en Vilalba, Lu).
en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org