Ir o contido principal
Volver a ToponHisp
  • Consulta do dicionario
  • Resultados do proxecto
  • Bibliografía
  • Fontes
  • Acceso investigadores
esglcaeupt-ptast

Aragunde

Aragunde

Tipoloxía ou caracterización xeográfica

Lugar
Idioma do topónimo
Galego

Étimo

ARAGUNDI, ARAGUNTI
Germánico
Deantroponímico » Nome persoal

Resumo xeral

De ARAGUNDI, xenitivo do nome de posesor feminino Aragundi, de orixe xermánica, composto polas raíces góticas ara- ‘aguia’ e *-gunthi ‘loita’. 

Aspectos xeográficos, históricos, administrativos

Lugar no situado na parroquia de Catoira, no concello pontevedrés do mesmo nome.

Información específica de étimo para este topónimo

O nome persoal feminino que deu lugar a este topónimo e a outros semellantes está ben atestado no noroeste penínsular desde a Alta Idade Media ata o séc. XIII. Figura como un nos nomes máis frecuentes do séc. XI e XIII en Boullón (1999: 84); Carmen Pallares (2004: 58) cítao como o máis común na documentación de Celanova. A seguír incluímos só algunhas das súas variantes.

  • Aragunti 870 DiplPeriodoAstur 1
  • Aragonti 926 CDCelanova
  • Aragunte s.XI CDXubia
  • "domna Aragunti  1062 Costa_BragaLiberFidei
  • "Argunda Martini" s. XIII TSobrado

Como topónimo, sen corresponder ó pontevedrés que estamos a tratar, senón a algún dos seus cognados, atopámolo desde o séc. IX:

  • "Flumen Argundi in Saliceda et uadit recta linea per ipso flumine usque in Mineo" 572 TVelloLugo
  • "de Paratella homines XX, de Monte Roso XX. in Argondi Gundisalvus et progenies cum hereditate eorum, et de Paramo XX" 927 TCelanova [quizais Vilaragonte, parroquia do concello de Paradela, Lu]
  • "in Ferraria Argondi" 934 TCelanova
  • "nostra ratione in Miranda in uilla Aragunti et Cudilani" 969 CDVisLugo [posiblemente referido a Vilaragonte, en Vilalba, Lu)
  • "in villa Aragunti" 1030 TSamos [parroquia de Paradela]
  • "Territorio Palliares: Villa de Argundi" 1088 TVelloLugo [Argonde, lugar do concello de Lugo]
  • "Fernando d'Argonde" (Lugo) 1502 Maia_1986 [lugar do concello de Lugo]

Documentación histórica

Antiga e medieval

 

Moderna

  • Rodrigo de Aragunde, veciño de Catoira e Alberta de Aragunde a.1551 AHUS
  • Antonio de Aragunde a.1714 ARG
  • "lugar de Aragunde", "Tras de Aragunde", "Souto de Aragunde" 1752 CME

Cognados e topónimos relacionados

Comparten orixe etimolóxica os topónimos galegos Argunte (Vedra, Co) Argonte (Carral, Co), Argonde (Lugo, Lu), e, precedidos con vila, Vilaragunte (parroquia e lugar en Paradela, Lu) e Vilaragonte (lugar en Vilalba, Lu).

Ana Boullón:  "Aragunde", 

en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org 

[consultado en 09-05-2025].
Data: 03/03/2025
6005
no-portugues

Coordenades:-8.7152793640113 42.660559536061

As coordenadas no estado español proceden do IGE

×Cerrar

Visualización de capas

One fine body…

Close Save changes
Transcrición fonética
aɾaˈɣunde̝
Audio
Provincia
Pontevedra
Poboación (INE)
42 (2023)

Xentilicio e alcumes colectivos

Xentilicio(s)
Sen datos
Pseudoxentilicio(s)
Sen datos

Antropónimos orixinados polo topónimo

Apelido
Aragunde
643 ocurrencias
Fonte: CAG

A partir do seu foco de expansión en Catoira, o apelido Aragunde está estendido polas comarcas do Salnés e Caldas.

Aragunde
Apelido
Aragundi
29 ocurrencias
Fonte: CAG

A variante Aragundi, coa vogal -i por intención latinizante, localízase en concellos máis afastados do foco de expansión, sobre todo en Padrón e Negreira.

Aragundi
Nome
Non xerou nome persoal

Bibliografía específica

Non hai bibliografía

Sinaturas

Redacción: Ana Boullón

O proxecto I+D+I Toponomasticon Hispaniae está financiado polo MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. A presente aplicación contou cunha axuda para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas da Xunta de Galicia (ED431C 2021/20).

Menú del pie

  • Políticas de privacidade
  • Políticas de cookies
  • Contacto
-
-
-
-