Ir o contido principal
inicio
  • Consulta do dicionario
  • Resultados do proxecto
  • Bibliografía
  • Fontes
  • Acceso investigadores
esglcaeupt-ptast

ARAGUNDI, ARAGUNTI

ARAGUNDI, ARAGUNTI

Xermánico
Onomástica » Deantroponímico » Nome persoal

O nome persoal feminino Aragunti ou Aragundi, de orixe xermánica, está composto polas raíces góticas ara 'aguia' e *gunthi- 'loita'; esta última é unha das máis comúns nos nomes persoais nos hispanogodos, polo que tamén deixou moitos descendentes toponímicos. Foi un nome amplamente rexistrado entre o século IX e mediados do XIII nos textos galegos e portugueses, sobre todo no séc. XI. Podía presentar a variación gund-/gunt- e gond-/gont- (HGN 18.2a) e, de feito, podemos encontralos todos nos topónimos que deixou este nome: Aragunde, Argunte, Argonte, Argonde, e, precedidos con vila, Vilaragunte e Vilaragonte (todos eles en Galicia).

 

Sinaturas

Redacción: Ana Boullón

Ana Boullón:
" ARAGUNDI, ARAGUNTI ",
en Toponomasticon Hispaniae, proxecto financiado polo MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org
Data: 02/04/2025

Topónimos vinculados a este étimo

Galego

Pontevedra
Aragunde
Ministerio de ciencia
Xunta de Galicia
Instituto da Lingua Galega
UPNA
UAM
Universidad de Zaragoza

O proxecto I+D+I Toponomasticon Hispaniae está financiado polo MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. A presente aplicación contou cunha axuda para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas da Xunta de Galicia (ED431C 2021/20).

Menú del pie

  • Políticas de privacidade
  • Políticas de cookies
  • Contacto
-
-
-
-