MODESTUS
Latino
Onomástica » Deantroponímico » Nome persoal
O nome persoal de orixe latina Modestus procede do adx. modestus 'moderado', derivado de modus 'moderación'. Rexístrase na antroponimia latina (Schulze, KajantoCognomina 69) e abundantemente na epigrafía hispánica, onde ocupa o posto nº 11 da frecuencia dos cognomina (Abascal_1994 430). Na Alta Idade Media, a través do xenitivo MODESTI, deu lugar ao topónimo galego Moeche.
Redacción: Ana Boullón
Ana Boullón:
"
MODESTUS
",
en Toponomasticon Hispaniae, proxecto financiado polo MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org
Data: 04/11/2023