Toponimia de Galicia e Portugal

Subproxecto 1

Toponimia de Galicia e Portugal

O subproxecto “Toponimia de Galicia e Portugal” articúlase en dous equipos, o de Galicia e o de Portugal, con cadansúa delimitación territorial e lingüística (galego e portugués).

Para esta primeira fase estudiaranse 444 topónimos galegos e 100 portugueses, entre os cales se encontran macrotopónimos (en Galicia, concellos do Nomenclátor oficial de 2003), corónimos, orónimos, hidrónimos e talasónimos.

Para a escolla procurouse a súa representatividade lingüística e xeográfica. A aparente desproporción entre o número dos nomes galegos e os portugueses atende á enorme densidade toponímica de Galicia: como é sabido, cun 6% do territorio español, contén case o 35% das entidades de poboación do nomenclátor oficial; no que toca a Portugal, supera nuns dez mil o número total de núcleos nos nomenclátores respectivos.

 

Topónimos destacados do grupo

Guadalajara
es
Campillo de Dueñas
Beja
pt
Odemira
Lugo
gl
Abadín
Salamanca
es
Cabeza Maya
Pontevedra
gl
Aragunde
Cáceres
es
Cedillo
Ourense
gl
Entrimo
Lugo
gl
Ambasmestas
Lugo
gl
Saavedra
Lugo
gl
Corgo, O
A Coruña
gl
Brión
A Coruña
gl
Caneiro, O

Forma de cita:

[Autor/a]:
"Topónimo",

en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proxecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado polo MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org 

 

Contáctanos 

Se tes algunha dúbida ou suxestión, podes poñerte en contacto con nós a través do seguinte formulario. Responderemos coa maior brevidade posible.

Políticas de privacidade
Texto de Políticas de privacidade