Rodeiro
Tipoloxía ou caracterización xeográfica
Étimo
Derivado
Resumo xeral
Este topónimo é un derivado do substantivo latino RŎTA 'roda' mailo sufixo -ARIU, aínda que puido nacer en romance partir do s. roda e o sufixo -eiro, probablemente co significado de 'camiño de carros'.
Aspectos xeográficos, históricos, administrativos
Rodeiro, pertencente á terra medieval de Camba, menciónase xa nunha cadea onomástica de finais do séc. XII (Petro Muniz de Rodeyro). O concello constituíuse coas parroquias da xurisdición de Camba (agás Alemparte, que pasou a formar parte do concello de Lalín) e coa parroquia que constituía o Couto do Salto.
Información específica de étimo para este topónimo
No latín clásico existía un substantivo rotarius
Documentación histórica
Antiga e medieval
- "Petro Muniz de Rodeyro, tenentem Deza" 1197 AlfonsoIX
- "dõ Munio Fernández de Rodeyro" 1255 Boullón/Monteagudo_2009
- "fiigrisía de San Migel de Rioboo et de San Vicenço de Rodeyro" 1355 CDOseira
- "Item lle mando mays a mía casa forte de Rodeiro con todas las armas" 1368 CDGH
Moderna
Cognados e topónimos relacionados
Ademais da parroquia de Rodeiro (Oza dos Ríos, Co) hai outros 12 lugares chamados (O) Rodeiro en Galicia. Tamén hai Rodeira (Santo André de Comesaña, Vigo, Po) que debe conter a voz común rodeira 'camiño estreito'; o plural Rodeiras (Dorrón, Sanxenxo, Po) parece máis ben facer referencia ó primeiro significado
Para un medieval Rotarios (929 CDCatedralLeón2), identificado con Roderos (Villaturiel, León), di Sánchez Albornoz (SánchezAlbornoz_1965): "...se hayan ya diversas citas en diplomas de 925 [...] El nombre de tal aldea me inclina a suponer a sus moradores fabricantes de las típicas ruedas sin radios que con formas diversas se usan todavía en León, Asturias y Galicia, y en Sanabria según Krüger"; tería entón o mesmo étimo en plural ca Rodeiro, pero distinta motivación. Non obstante, outros autores (Llamazares_2002) descartan esta hipótese e propoñen para o topónimo leonés un étimo constituído pola raíz indoeuropea hidronímica rohd- 'correr a auga' mais o o sufixo latino -ariu en plural e outórganlle o significado de "lugar en donde se ha hecho o existe un rodo, presa o reguero".
en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org