Tordoia
Tipoloxía ou caracterización xeográfica
Étimo
Resumo xeral
É probablemente un hidrónimo prerromano derivado da raíz indoeuropea *ter- 'frotar', 'perforar' (IEW, pp. 1071-1074)
Aspectos xeográficos, históricos, administrativos
O concello de Tordoia constituíuse en 1838 e recibiu o nome da parroquia onde tivo a súa sede, pero non existe ningún núcleo con esta denominación. Na actualidade a capital municipal está na localidade chamada A Pontepedra, na parroquia de Cabaleiros. A grafía con <y> é medieval, pero persistiu no tempo por castelanización gráfica do topónimo, que se restituíu a Tordoia, seguindo a ortografía actual do galego.
Información específica de étimo para este topónimo
BascuasHidron_2006 (§127.2) desbota a hipótese previa doutros autores que crían que o topónimo era un composto TURODO-BRIGA 'a cidade dos Turodos', porque presenta problemas fonéticos na evolución etimolóxica e propón un étimo *TŬRDOIA.
Documentación histórica
Antiga e medieval
- "... meam porcionem de Lestrove et de Turduya et de Trasrin..." 1240 (TToxosOutos)
- "Sancto Iohanne de Tordoya" 1242 (CDSMPinario)
Moderna
Cognados e topónimos relacionados
Considérase que teñen a mesma base prerromana os topónimos galegos Tórdea e Turza.
en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org