Deza
Tipologia ou caracterização geográfica
Étimo
Resumo geral
Deza é topónimo prerromano de etimoloxía escura. Non se sustentan as lendas populares que relacionan este nome de lugar con Dhais, fillo de Breogán, e co nome persoal latino Decimus.
Aspetos geográficos, históricos, administrativos
O comitatus Deza, que recibe o nome do río que o rega, foi a orixe da actual comarca sen case variación de extensión e menciónase xa entre os once condados da sé lucense no séc. VI. Os documentos medievais deixan ver que era unha terra moi poboada e cun número importante de mosteiros. No século XII, o rei Fernando II doou o territorio á Igrexa de Santiago, aínda que maioría das parroquias seguiron a pertencer á diocese de Lugo ata a actualidade.
Como sucede habitualmente en topónimos compostos co nome dun río (Antas de Ulla, Carballeda de Avia...), o nome da comarca de Deza non adoita usarse con artigo.
Ten un paralelo no topónimo soriano Deza e cabe destacar que os dous lugares foron territorio de fronteira en época antiga: o castelán-leonés entre os pobos celtíberos dos belos e dos arévacos e o galego entre o convento lucense e o bracarense.
Documentação histórica
Antiga e medieval
- "Septimo quoque comitatus Deza dictus in Naveco concluditur" 567 ESagrada
- "loco que vocitant Karvonario, iusta ribulo Deza" 958 DocCoruña
- "scilicet in Decia sexta de Lalin" 1094 CDLugoCañizares
- "De terra de Decia iusta o burgo de Varzea" 1157 TToxosOutos
- "orta que abet iacentia in terra de Deza prope Uermes" 1153 CDCarboeiro
- "Iohannes de Detia portarius" 1222 CDOseira
- "don Sueiro Eáns, arcediago de Deza" 1339 CDGH
Moderna
Paisagem toponímica próxima
Dozón
Cognatos e nomes de lugares relacionados
Deza é tamén nome dun río e dun concello en Soria e tamén contén este topónimo Castrodeza, en Valladolid. O nome de lugar Ribadeza (Alborés, Mazaricos, Co) está documentado na Idade Media como Ripa Esaris, polo que BascuasHidron_2014 (§99.2) lle atribúe outra orixe. Os Dezas (Fao, Touro, Co) está formado a partir do apelido.
Dozón, en orixe Dezón, con sufixo diminutivo -one, foi o antigo nome do río Asneiro, que desauga no Deza. Esta alternancia -a/-on é, segundo BascuasHidron_2002 (p.26), característica da primeira hidronimia europea (cf. Avia / Avión; Vara / Varón; Sala / Salón~Jalón...).
en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org