BARRU
Voz presente na península ibérica, máis peculiar do galego, portugués, asturleonés e castelán, con diferentes matices semánticos e considerada como prerromana (DCECH s.v.). Edelmiro Bascuas remóntaa en última instancia á raíz hidronímica indoeuropea *behr- 'brotar, fluír', 'brillar' , a partir do grao pleno *bahr e o radical *bharr- (Bascuas_2014). Aínda que Krahe non a recoñece como tal, si o fai Pokorny, e Bascuas considera que as moitas correspondencias no territorio europeo aseguran a súa existencia.
As atestacións máis antigas de voces desta familia na documentación do noroeste hispánico remóntanse ao século IX: Barreto 842 DiplPeriodoAstur 1 211-213, Barrato 842 DiplPeriodoAstur 1 57-59, TumboCelanova 294-296, barrio 853 DiplPeriodoAstur 1 330-333, Barrario 910 CDVisLugo 117-125, barrosa 912 CDCatedralAstorga 1 60-63, "ecclesia sancte Marine de Barro" 916 CDCatMondoñedo 13-14, Barroso 977 CDCelanova 169-174, TumboCelanova 222-226, etc.
Redação: Ana Boullón