Lobios
Tipología o caracterización geográfica
Étimo
Resumen general
Trátase do plural do termo lobio 'parra de pouca altura', palabra de orixe xermánica, quizais sueva. A monotongación do ditongo -AU- presente no étimo (*LAUBJA) non só se deu nesta palabra, senón tamén noutras como pobre (<PAUPERE). Corominas e Pascual (DCECH s. v. pobre) apuntan, en relación a esta palabra, unha hipótese que explicaría tamén a monotongación en Lobios. Estes autores supoñen unha forma *poubre, na cal a semivogal desapareceu "absorbida" polas dúas consoantes labiais. No caso de Lobios, a absorción sería provocada pola asimilación a unha única consoante labial: *laubjo > *loubio > lobio (Palacio_TopPantón p. 341).
Aspectos geográficos, históricos, administrativos
O concello toma o nome da parroquia de S. Miguel de Lobios. Ata 1985 a denominación oficial foi "Lovios".
Información específica de étimo para este topónimo
Encontramos citados outros topónimos que non puidemos localizar con seguridade. A atestación máis antiga é do s. VIII, e podería tratarse do Lobios do actual concello de Sober (Lu):
- "per terminum inter Sancta Maria et Lovios, de alia parte per illas petras de Canton et de tertia parte ad illa peraria de Oldriti" 747 CDLugoCañizares p. 31-36.
Outra atestación parece corresponder a un lugar denominado Lobio, na antiga xurisdición de Postmarcos. Podería ser o actual Lobios do concello de Negreira (Co).
- "In Pistomarcos villam quam dicunt Lobio simile modo et quod deinceps conplicare vel augmentare vel ganare potuero" 966 CDSobrado s. p.
Documentación histórica
Antigua e medieval
Atopamos atestacións seguras deste topónimo desde o s. XI:
Moderna
Cognados y topónimos relacionados
Existen outros tres lugares en Galicia co mesmo nome: o lugar de Lobios, no concello de Negreira (Co); o lugar e parroquia de Lobios no concello de Sober (Lu) e o lugar de Lobios no concello de Porqueira (Ou). A forma singular, Lobio, designa un lugar do concello de Santiago de Compostela (Co) e, acompañada do artigo, O Lobio, no concello de Sober. En Portugal rexístranse Loivo, no distrito de Viana do Castelo e Loivos, dous lugares homónimos no distrito de Vila Real. Así mesmo, no concello asturiano de Grao atopamos El Llobiu.
en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org