VŬLPE
O latín VŬLPĒS 'raposo' deixou descendentes en romanés, italiano, romanche, latín e friulano (REW) e, na iberorromania, no norte de Galicia, onde segue a ser unha palabra viva. Hai restos tamén nalgúns topónimos en Portugal e Cataluña. En galego, o xénero gramatical cambiou (hoxe é masculino), a diferenza das outras áreas románicas. A desaparición desta forma (que xa se dera en parte en latín, onde se creou o derivado VŬLPĒCŬLA) débese á súa consideración de tabú, por unha mestura de simbolismo cristián (onde o raposo representa o demo, a herexía, o vicio) e de crenzas populares (pois este animal supuña unha ameaza directa para a mantenza doméstica). Así, foi substituído por designacións indirectas, como gal., port. raposo/raposa, ast. raposu, cast. zorro/zorra, arag. rabosa/raboso, raposo, cat. guineu, fr. renart (PatRomIII/1, 803-822).
Redacción: Ana Boullón