Parderrubias
Tipologia ou caracterização geográfica
Étimo
Resumo geral
Do latín PARIETES RUBEAS, 'paredes rubias', referido a obras para establecer lindes ou ao resto dunhas edificacións con esta cor.
Aspetos geográficos, históricos, administrativos
Parroquia no concello da Merca (Ourense), constituída por seis aldeas. A actual parroquia aparece mencionada desde o séc. X, dentro da Terra de Celanova, e en 1122, no documento en que Tareixa, condesa de Portugal, renova a Ourense o título de cidade e marca Parderrubias como un dos seus límites.
Documentação histórica
Antiga e medieval
"est ipsa uilla inter Minio et Arnogia, uocitata Parietes Rubias" 957 CDCelanova 119, TumboCelanova 65
"quicquid debiti regie parti debetur a petra de uado usque ad riuulum de Oruidelo, insuper quantum [apud Parietes] Rubias habetur siue in Reparadi tam regalengum quam infantaticum do et datum confirmo" 1122 CDACatOurense 66-68
Cognatos e nomes de lugares relacionados
Parede
A palabra Paredes é unha das máis frecuentes na toponimia galega: repítese en 58 lugares (Boullón_2021).
No NG hai outra forma idéntica á tratada: Parderrubias, parroquia de Salceda de Caselas (Po). En Palencia existe outro cognado: Olleros de Paredes Rubias, pedanía do municipo de Berzosilla.
Pola contra, en Pardemarín (A Estrada, Po), non está esta voz, senón Parada, testemuñan as atestacións históricas: Parada Marín (1419 DocCodeseda). Facía referencia a un lugar para descansar nun camiño en costa. Para a segunda parte do composto, véxase MARINUS.
Rubio
En Galicia a forma rubio é a máis frecuente entre as expresións de cor na toponimia: aparece ata 73 veces, ben como forma única (Rubio, Roibos, A Rubia), ben adxectivando a pedras, construcións, hidrónimos, vexetación ou outros ou con diferentes derivados.
en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org