Ir o contido principal
Volver a ToponHisp
  • Consulta do dicionario
  • Resultados do proxecto
  • Bibliografía
  • Fontes
  • Acceso investigadores
esglcaeupt-ptast

Parderrubias

Parderrubias

Tipoloxía ou caracterización xeográfica

Lugar
Parroquia
Idioma do topónimo
Galego

Étimo

PARIĔTE
Latino
Hábitat humano » Edificacións
RŬBEA, RŬBEU
Latino
Valoración » Cor

Resumo xeral

Do latín PARIETES RUBEAS, 'paredes rubias', referido a obras para establecer lindes ou ao resto dunhas edificacións con esta cor.

Aspectos xeográficos, históricos, administrativos

Parroquia no concello da Merca (Ourense), constituída por seis aldeas. A actual parroquia aparece mencionada desde o séc. X, dentro da Terra de Celanova, e en 1122, no documento en que Tareixa,  condesa de Portugal, renova a Ourense o título de cidade e marca Parderrubias como un dos seus límites.

Documentación histórica

Antiga e medieval

"est ipsa uilla inter Minio et Arnogia, uocitata Parietes Rubias" 957 CDCelanova 119, TumboCelanova 65

"quicquid debiti regie parti debetur a petra de uado usque ad riuulum de Oruidelo, insuper quantum [apud Parietes] Rubias habetur siue in Reparadi tam regalengum quam infantaticum do et datum confirmo" 1122 CDACatOurense 66-68

Cognados e topónimos relacionados

Parede

A palabra Paredes é unha das máis frecuentes na toponimia galega: repítese en 58 lugares (Boullón_2021).

No NG hai outra forma idéntica á tratada: Parderrubias, parroquia de Salceda de Caselas (Po). En Palencia existe outro cognado: Olleros de Paredes Rubias, pedanía do municipo de Berzosilla.

Pola contra, en Pardemarín (A Estrada, Po), non está esta voz, senón Parada, testemuñan as atestacións históricas: Parada Marín (1419 DocCodeseda). Facía referencia a un lugar para descansar nun camiño en costa. Para a segunda parte do composto, véxase MARINUS.

Rubio

En Galicia a forma rubio é a máis frecuente entre as expresións de cor na toponimia: aparece ata 73 veces, ben como forma única (Rubio, Roibos, A Rubia), ben adxectivando a pedras, construcións, hidrónimos, vexetación ou outros ou con diferentes derivados.

 

 

 

Ana Boullón:  "Parderrubias", 

en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org 

[consultado en 12-05-2025].
Data: 01/05/2024
2647
no-portugues

Coordenades:-7.92037 42.238005

As coordenadas no estado español proceden do IGE

×Cerrar

Visualización de capas

One fine body…

Close Save changes
Transcrición fonética
paɾðeˈruβja̝s
Audio
Provincia
Ourense
Poboación (INE)
193 (2022)

Xentilicio e alcumes colectivos

Xentilicio(s)
Sen datos
Pseudoxentilicio(s)
Sen datos

Antropónimos orixinados polo topónimo

Apelido
Non xerou apelido
Nome
Non xerou nome persoal

Bibliografía específica

Non hai bibliografía

Sinaturas

Redacción: Ana Boullón

O proxecto I+D+I Toponomasticon Hispaniae está financiado polo MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. A presente aplicación contou cunha axuda para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas da Xunta de Galicia (ED431C 2021/20).

Menú del pie

  • Políticas de privacidade
  • Políticas de cookies
  • Contacto
-
-
-
-