Narón
Tipologia ou caracterização geográfica
Resumo geral
Posiblemente de orixe prerromana, formada por unha raíz hidronímica *nar- ou *nara-, presente en formas como Naraío, Naraia ou Neira (< NARIA).
Aspetos geográficos, históricos, administrativos
O concello formouse en 1835 con parroquias pertencentes no Antigo Réxime ás xurisdicións de Pedroso, Trasancos, Narón, Sedes e o Val, provincia de Betanzos e diocese de Mondoñedo (NavazaConcellosCor). En 1994 intercambiou territorios con Ferrol e en 2001 a súa capital foi A Gándara de Altea, ata que en 2002 a súa capital definitiva foi Narón (Variaciones).
Informação específica de étimo para este topónimo
Joseph M. Piel_Possessores suxerira un hipotético nome persoal *Naronius, non rexistrado nos repertorios pero conxecturado a partir de Narius e Naronia (Schulze). Non entanto, as formas medievais Naraone apuntan cara a unha raíz nara-, por tanto, de orixe prerromana. Ademais, aínda que a terminación -ONE coincide cun lsufixo atino, é moi rendible na hidronimia: cf. os ríos Nalón, Jalón, Avión/Abión.
Documentação histórica
Antiga e medieval
- "ecclesia de sancti Iuliani de Naraon" 1075, 1159, 1162, 1170 CDXubia
- "per terminos de aqua de Narone" 1093 TSamos
- "villa Naron" 1111 CDPedrosoTrasancos
- "sancto Iuliano de Naron" 1114 CDXubia
- " Sancto Iuliano de Naraon" 1186 TCaaveiro
- "sancti Juliani de Naraone" 1195, 1196 CDXubia
- "in territorio Trasanchos, villa que dicitur Naraone de Susano, concurrente ad aulam sancti Iuliani, ripa fluminis Iubie, subtus monte de Bazono" 1216 CDPedrosoTrasancos
- "Sancti Iuliani de Naraon" 1234, 1247 TCaaveiro
- "San Giaao de Naron" 1488 CDCatMondoñedo
Moderna
en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org