Ir o contido principal
Volver a ToponHisp
  • Consulta do dicionario
  • Resultados do proxecto
  • Bibliografía
  • Fontes
  • Acceso investigadores
esglcaeupt-ptastan

Narón

Narón

Tipoloxía ou caracterización xeográfica

Lugar
Concello
Parroquia
Idioma do topónimo
Galego

Resumo xeral

Posiblemente de orixe prerromana, formada por unha raíz hidronímica *nar- ou *nara-, presente en formas como Naraío, Naraia ou Neira (< NARIA).

Aspectos xeográficos, históricos, administrativos

O concello formouse en 1835 con parroquias pertencentes no Antigo Réxime ás xurisdicións de Pedroso, Trasancos, Narón, Sedes e o Val, provincia de Betanzos e diocese de Mondoñedo (NavazaConcellosCor). En 1994 intercambiou territorios con Ferrol e en 2001 a súa capital foi A Gándara de Altea, ata que en 2002 a súa capital definitiva foi Narón (Variaciones).

Información específica de étimo para este topónimo

Joseph M. Piel_Possessores suxerira un hipotético nome persoal *Naronius, non rexistrado nos repertorios pero conxecturado a partir de Narius e Naronia (Schulze). Non entanto, as formas medievais Naraone apuntan cara a unha raíz nara-, por tanto, de orixe prerromana. Ademais, aínda que a terminación -ONE coincide cun lsufixo atino, é moi rendible na hidronimia: cf. os ríos Nalón, Jalón, Avión/Abión.

Documentación histórica

Antiga e medieval

  • "ecclesia de sancti Iuliani de Naraon" 1075, 1159, 1162, 1170 CDXubia
  • "per terminos de aqua de Narone" 1093 TSamos
  • "villa Naron" 1111 CDPedrosoTrasancos
  • "sancto Iuliano de Naron" 1114 CDXubia
  • " Sancto Iuliano de Naraon" 1186 TCaaveiro
  • "sancti Juliani de Naraone" 1195, 1196 CDXubia
  • "in territorio Trasanchos, villa que dicitur Naraone de Susano, concurrente ad aulam sancti Iuliani, ripa fluminis Iubie, subtus monte de Bazono" 1216 CDPedrosoTrasancos
  • "Sancti Iuliani de Naraon" 1234, 1247 TCaaveiro
  • "San Giaao de Naron" 1488 CDCatMondoñedo

Moderna

  • "feligresía de san Julán de Narón" 1742 CME-Narón
  • "NARON: ayunt. en la prov., aud. terr. y c.g. de la Coruña (8 leg.), dióc. de Mondoñedo (11), y part. jud. del Ferrol (1), ... Pob.: 1.044 vecinos, 5.018 almas" 1849 DicMadoz.
Ana Boullón:  "Narón", 

en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org 

[consultado en 25-06-2025].
Data: 24/06/2025
5770
no-portugues

Coordenades:-8.192446569 43.50114268

As coordenadas no estado español proceden do IGE

×Cerrar

Visualización de capas

One fine body…

Close Save changes
Transcrición fonética
naˈɾoŋ
Audio
Provincia
A Coruña
Poboación (INE)
39.051 (2023)

Xentilicio e alcumes colectivos

Xentilicio(s)

naronés, naronesa

Pseudoxentilicio(s)
Sen datos

Antropónimos orixinados polo topónimo

Apelido
Non xerou apelido
Nome
Non xerou nome persoal

Bibliografía específica

Non hai bibliografía

Sinaturas

Redacción: Ana Boullón

O proxecto I+D+I Toponomasticon Hispaniae está financiado polo MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. A presente aplicación contou cunha axuda para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas da Xunta de Galicia (ED431C 2021/20).

Menú del pie

  • Políticas de privacidade
  • Políticas de cookies
  • Contacto
-
-
-
-