ARAGUNDI, ARAGUNTI
Xermánico
Onomástica » Deantroponímico » Nome pessoal
O nome persoal feminino Aragunti ou Aragundi, de orixe xermánica, está composto polas raíces góticas ara 'aguia' e *gunthi- 'loita'; esta última e unha das máis comúns nos nomes persoais nos hispanogodos, polo que tamén deixou moitos descendentes toponímicos. Foi un nome amplamente rexistrado entre o século IX e mediados do XIII nos textos galegos e portugueses, sobre todo no séc. XI. Podía presentar a variación gund-/gunt- e gond-/gont- (HGN 18.2a) e, de feito, podemos encontralos todos nos topónimos que deixou este nome: Aragunde, Argunte, Argonte, Argonde, e, precedidos con vila, Vilaragunte e Vilaragonte (todos eles en Galicia).
Redação: Ana Boullón
Ana Boullón:
"
ARAGUNDI, ARAGUNTI
",
en Toponomasticon Hispaniae, proyecto financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org
Cerca: 02/11/2024