Barro
Tipologia ou caracterização geográfica
Étimo
Derivado
Resumo geral
De orixe prerromana, posiblemente derivada da raíz hidronímica indoeuropea *behr- 'brotar, fluír', 'brillar'.
Aspetos geográficos, históricos, administrativos
Durante o Antigo Réximo, as parroquias que hoxe forman o municipio de Barro formaban parte da xurisdición de Peñaflor, na provincia de Santiago, segundo se indica no censo de Floridablanca. No establecemento dos primeiros concellos constitucionais (1812-1814), formaban parte do concello de Trasumia e do partido xudicial de Caldas de Reis. Coa reorganización dos concellos de 1835, Barro pasou a ser concello, con sete parroquias; finalmente, en 1836, perdeu a de Romai en favor do concello de Portas e quedou definitivamente coas actuais seis: Agudelo, Barro, Curro, Perdecanai, Portela e Valiñas. A capital do concello estivo en Porráns, parroquia de Barro (DicMadoz), aínda que certos períodos tamén estivo en Coruto (na mesma parroquia). Desde 1900 estableceuse en San Antoniño (parroquia de Perdecanai), quizais pola súa proximidade coa cidade de Pontevedra.
Informação específica de étimo para este topónimo
Voz de uso xeral e presente en galego polo menos desde o séc. X (sancte Marine de Barro 916 CDCatMondoñedo, localidade non identificada). Significa "1. Material arxiloso que se pode moldear e se utiliza, mesturado con auga, para facer unha masa que serve de cemento ou para fabricar obxectos..2 Masa formada pola mestura deste material arxiloso con auga, á que se lle dá distintos usos.3 Masa branda que se forma nalgúns lugares ao mesturarse a auga da chuvia, dun rego etc., coa terra." (DRAG).
Cognatos e nomes de lugares relacionados
Barro ou O Barro é o nome de 26 lugares de todo o territorio galego e de tres parroquias (no concello que tratamos, Noia e A Baña, estes dous últimos coruñeses). Tamén presenta a variante Barra e diversos derivados, como Barral, Barreiro (estes dentro dos nomes de lugar máis frecuentes do NG, véxase Boullón_2021), Barreal, Barreira, Barredo, Barrido, Barrosa, Barroso, Barrela, Barrento, Barrete.
en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org