Ir o contido principal
Volver a ToponHisp
  • Consulta do dicionario
  • Resultados do proxecto
  • Bibliografía
  • Fontes
  • Acceso investigadores
esglcaeupt-ptast

Barro

Barro

Tipoloxía ou caracterización xeográfica

Concello
Idioma do topónimo
Galego

Étimo

BARRU
Prerromano
Oronimia » Composición

Derivado

Resumo xeral

De orixe prerromana, posiblemente derivada da raíz hidronímica indoeuropea *behr- 'brotar, fluír', 'brillar'.

Aspectos xeográficos, históricos, administrativos

Durante o Antigo Réximo, as parroquias que hoxe forman o municipio de Barro formaban parte da xurisdición de Peñaflor, na provincia de Santiago, segundo se indica no censo de Floridablanca. No establecemento dos primeiros concellos constitucionais (1812-1814), formaban parte do concello de Trasumia e do partido xudicial de Caldas de Reis. Coa reorganización dos concellos de 1835, Barro pasou a ser concello, con sete parroquias; finalmente, en 1836, perdeu a de Romai en favor do concello de Portas e quedou definitivamente coas actuais seis: Agudelo, Barro, Curro, Perdecanai, Portela e Valiñas. A capital do concello estivo en Porráns, parroquia de Barro (DicMadoz), aínda que certos períodos tamén estivo en Coruto (na mesma parroquia). Desde 1900 estableceuse en San Antoniño (parroquia de Perdecanai), quizais pola súa proximidade coa cidade de Pontevedra.

Información específica de étimo para este topónimo

Voz de uso xeral e presente en galego polo menos desde o séc. X (sancte Marine de Barro 916 CDCatMondoñedo, localidade non identificada). Significa "1. Material arxiloso que se pode moldear e se utiliza, mesturado con auga, para facer unha masa que serve de cemento ou para fabricar obxectos..2 Masa formada pola mestura deste material arxiloso con auga, á que se lle dá distintos usos.3 Masa branda que se forma nalgúns lugares ao mesturarse a auga da chuvia, dun rego etc., coa terra." (DRAG).

Cognados e topónimos relacionados

Barro ou O Barro é o nome de 26 lugares de todo o territorio galego e de tres parroquias (no concello que tratamos, Noia e A Baña, estes dous últimos coruñeses). Tamén presenta a variante Barra e diversos derivados, como Barral, Barreiro (estes dentro dos nomes de lugar máis frecuentes do NG, véxase Boullón_2021), Barreal, Barreira, Barredo, Barrido, Barrosa, Barroso, Barrela, Barrento, Barrete.

Ana Boullón:  "Barro", 

en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org 

[consultado en 12-05-2025].
Data: 04/11/2023
824
no-portugues

Coordenades:-8.582554 42.543821

As coordenadas no estado español proceden do IGE

×Cerrar

Visualización de capas

One fine body…

Close Save changes
Transcrición fonética
ˈbaro̝
Audio
Provincia
Pontevedra
Poboación (INE)
3623

Xentilicio e alcumes colectivos

Xentilicio(s)

barrense

Pseudoxentilicio(s)
Sen datos

Antropónimos orixinados polo topónimo

Apelido
Barro
2212 ocurrencias
Fonte: CAG

Os portadores do apelido Barro están maioritariamente censados no norte das provincias da Coruña e Lugo; esta distribución territorial permite supoñer que o foco de expansión desta forma foi un dos lugares O Barro, das parroquias de Breamo e Vilar, ambas en Pontedeume (DAG).

Apelido
Barros
9041 ocurrencias
Fonte: CAG

Os portadores de Barros , máis densamente censados en concellos de Terra de Montes e arredores, é probable que tivesen como foco de expansión o lugar e parroquia de Barro, que dá nome a ese concello pontevedrés (DAG).

Ocupa a posición 71 na relación dos apelidos máis frecuentes.

Barros
Apelido
Dobarro
836 ocurrencias
Fonte: CAG

Moitos portadores de Dobarro están censados en municipios das comarcas do Carballiño, Deza e O Ribeiro, o que parece indicar que se expandiron desde algúns dos varios O Barro próximos a esa zona (no Carballiño, no Irixo e en Silleda).

Dobarro
Nome
Non xerou nome persoal

Bibliografía específica

Non hai bibliografía

Sinaturas

Redacción: Ana Boullón

O proxecto I+D+I Toponomasticon Hispaniae está financiado polo MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. A presente aplicación contou cunha axuda para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas da Xunta de Galicia (ED431C 2021/20).

Menú del pie

  • Políticas de privacidade
  • Políticas de cookies
  • Contacto
-
-
-
-