Skip to main content
Volver a ToponHisp
  • Consulta del diccionario
  • Resultados del proyecto
  • Bibliografía
  • Fuentes
  • Acceso investigadores
esglcaeupt-ptastan

Lama, A

Lama, A

Tipoloxía ou caracterización xeográfica

Concello
Idioma del topónimo
Galego

Étimo, evolución, motivación

LAMA
Prerromano
Hidronimia

Resumen general

Da voz prerromana lama, de adscrición incerta, atestada desde moi cedo no NO da Península e que durante toda a Idade Media foi moi produtiva cos significados de 'barro, lodo' e 'prado, terreo húmido para pasto'. 

Aspectos históricos e administrativos

Na Idade Media as distintas freguesías do concello pertencían ó arcebispado de Santiago e ó señorío de Soutomaior. No antigo réxime, as parroquias de Antas, A Barcia do Seixo, Gataxe, A Lama e Seixido estaban baixo a xurisdición do partido de Caldebergazos, que se constituíu como concello xunto con outras parroquias das xurisdiccións de Santiago e Soutomaior. Con parte destas parroquias creouse o novo concello da Lama en 1841, que sufriu varias remodelacións territoriais ata principios do século XX en que se restrutura coa distribución territorial actual. Figurou nos nomenclátores como Lama e en 1985 restituíuselle a forma galega do nome A Lama.

Documentación histórica

Moderna

  • "Juan de Moyños escribano vecino de San Salvador de Lama" a.1581 AHUS
  • "San Salvador de la Lama" a.1752 CME

Cognados

Hai máis de 140 topónimos (A) Lama e (As) Lamas en Galicia. Tamén son topónimos de Portugal e Las Lamas en León, no Berzo, zona de fala galega. Ademais, Llama e Llamas son nomes de lugar en León e en Asturias, onde tamén La L.lama e L.lamas, formas oficiais coa grafía que representa o "che vaqueiro", característico dalgunhas falas occidentais (Tamén se utiliza o dígrafo Ḷḷ para indicar esa pronuncia).

A voz lama deixou na toponimia do NO da Península numerosos derivados e compostos.

O topónimo (A) Lamela (>LAMELAM), tamén o plural, é o derivado máis abundante en Galicia, con máis de 60 localidades que o conteñen no seu nome; deixou tamén resultados en Portugal (Lamela, Lamelas, Lamelas de Cá, Lamelas de Lá), Asturias (As Lamelas, La Llamiella) e León (La Milla del Páramo, La Milla del Río e o microtop. La LLamiella).

Séguelle (O) Lameiro (>LAMARIUM) e (A) Lameira e os seus plurais (con máis de 50 ocorrencias), que tamén ten descendentes en Portugal (Lameira, Lameiras, Lameirinha, Lameiro, Lameirinho, Lameiros), e en Asturias (Llamera / L.lamera, Llameres) e León (Llamera).

Outros derivados son o galego e o portugués Lamego (>LAMAECUM >prerr. LAMAEKOM); Lamiño (> prerr. LAMINO), tamén en Portugal (Laminho, Laminhos) e quizais tamén en Soria e Guadalaxara Lamiñosa (>LAMINOSAM). A Lamiña, cun sufixo latino diminutivo ou de materia (>LAMINAM), de onde o portugués Laminha. Lameiriño (lameiro+iño) e os portugueses Lameirinho e Lameirinha. Tamén Lameirós (>LAMEIRONES), coas variantes dialectais Lameiróns e Lameirois na microtoponimia, e en Portugal Lameirão, Lameirões; da mesma orixe podería se o microtopónimo La Llamairona en León.

Teñen sufixos abundanciais (A) Lamosa (>LAMOSAM) e Os Lamosos, os portugueses, Lamosa, Lamosas, Lamoso, Lamosos e o asturiano L.lamosu. Tamén Lamarazes (>LAMA-[θ]-ALES, cos cognados Lamaçães, Llamaçais en Portugal e Llamazares en León; Lamaceda (>LAMACETAM) e Lamacido, este se non é alteración de Lamacide (> LAMA CIDI 'lama de Cide', en que Cide pode ser nome persoal).O topónimo Lamagal (>LAMA-[ɣ]-ALEM), tomou en Portugal a forma Lamegal e, sen interfixo (>LAMALES), formáronse Lamais e Lamares e, en Asturias, coa suma doutros sufixos, Llamargal e Llamardal (GarcíaToponAst, s.v. la llama). Lamigueiro (>LAME-[ɣ]-ARIUM) Novo e Lamigueiro Vello, se non son fitónimos (NavazaFitoTop), poden estar entre os derivados de lama. Finalmente, Lamascal (>LAM-ASC-ALEM), contén un primeiro sufixo prerromano, e o abundancial -ALEM.

Aínda debemos considerar A Lamea, talvez o feminino do asturiano Llaméu (GarcíaToponAst, s.v. la llama), e Lamestra, As Lamestras e Laméstrega, posibles derivados da voz lama para os que non podemos propoñer un étimo.

Son moitos os topónimos compostos con Lama e cos seus derivados.

Luz Méndez:  "Lama, A", 

en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org 

[consultado en 15-05-2025].
Fecha: 07/04/2024
4670
no-portugues

Coordenadas: -8.440494 42.398589

Las coordenadas en el estado español proceden del IGE

×Cerrar

Visualización de capas

One fine body…

Close Save changes
Transcripción fonética
ˈlama̝
Audio
Provincia
Pontevedra
Población (INE 2020)
2520 (2023)

Gentilicio y apodos colectivos

Gentilicio(s)

Lamense

Seudogentilicio(s)
Sin datos

Antropónimos originados por el topónimo

Apellido
Lama
1079 ocurrencias
Fuente: Cartografía dos Apelidos de Galicia

 

Nombre
No ha generado nombre personal

Bibliografía específica

No hay bibliografía

Firmas

Redacción: Luz Méndez

Ministerio de ciencia
Xunta de Galicia
Instituto da Lingua Galega
UPNA
UAM
Universidad de Zaragoza

El proyecto I+D+I Toponomasticon Hispaniae está financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. La presente aplicación contó con una ayuda para la consolidación y estruturación de unidades de investigación competitivas de la Xunta de Galicia (ED431C 2021/20).

Menú del pie

  • Políticas de privacidad
  • Políticas de cookies
  • Contacto
-
-
-
-