Lama, A
Tipologia edo geografia karakterizazioa
Etimoa
Laburpen orokorra
Da voz prerromana lama, de adscrición incerta, atestada desde moi cedo no NO da Península e que durante toda a Idade Media foi moi produtiva cos significados de 'barro, lodo' e 'prado, terreo húmido para pasto'.
Geografi, historia, administrazio alderdiak
Na Idade Media as distintas freguesías do concello pertencían ó arcebispado de Santiago e ó señorío de Soutomaior. No antigo réxime, as parroquias de Antas, A Barcia do Seixo, Gataxe, A Lama e Seixido estaban baixo a xurisdición do partido de Caldebergazos, que se constituíu como concello xunto con outras parroquias das xurisdiccións de Santiago e Soutomaior. Con parte destas parroquias creouse o novo concello da Lama en 1841, que sufriu varias remodelacións territoriais ata principios do século XX en que se restrutura coa distribución territorial actual. Figurou nos nomenclátores como Lama e en 1985 restituíuselle a forma galega do nome A Lama.
Dokumentazio historikoa
Garaikidea
kognatuak eta erlazionatutako leku izenak
Hai máis de 140 topónimos (A) Lama e (As) Lamas en Galicia. Tamén son topónimos de Portugal e Las Lamas en León, no Berzo, zona de fala galega. Ademais, Llama e Llamas son nomes de lugar en León e en Asturias, onde tamén La L.lama e L.lamas, formas oficiais coa grafía que representa o "che vaqueiro", característico dalgunhas falas occidentais (Tamén se utiliza o dígrafo Ḷḷ para indicar esa pronuncia).
A voz lama deixou na toponimia do NO da Península numerosos derivados e compostos.
O topónimo (A) Lamela (>LAMELAM), tamén o plural, é o derivado máis abundante en Galicia, con máis de 60 localidades que o conteñen no seu nome; deixou tamén resultados en Portugal (Lamela, Lamelas, Lamelas de Cá, Lamelas de Lá), Asturias (As Lamelas, La Llamiella) e León (La Milla del Páramo, La Milla del Río e o microtop. La LLamiella).
Séguelle (O) Lameiro (>LAMARIUM) e (A) Lameira e os seus plurais (con máis de 50 ocorrencias), que tamén ten descendentes en Portugal (Lameira, Lameiras, Lameirinha, Lameiro, Lameirinho, Lameiros), e en Asturias (Llamera / L.lamera, Llameres) e León (Llamera).
Outros derivados son o galego e o portugués Lamego (>LAMAECUM >prerr. LAMAEKOM); Lamiño (> prerr. LAMINO), tamén en Portugal (Laminho, Laminhos) e quizais tamén en Soria e Guadalaxara Lamiñosa (>LAMINOSAM). A Lamiña, cun sufixo latino diminutivo ou de materia (>LAMINAM), de onde o portugués Laminha. Lameiriño (lameiro+iño) e os portugueses Lameirinho e Lameirinha. Tamén Lameirós (>LAMEIRONES), coas variantes dialectais Lameiróns e Lameirois na microtoponimia, e en Portugal Lameirão, Lameirões; da mesma orixe podería se o microtopónimo La Llamairona en León.
Teñen sufixos abundanciais (A) Lamosa (>LAMOSAM) e Os Lamosos, os portugueses, Lamosa, Lamosas, Lamoso, Lamosos e o asturiano L.lamosu. Tamén Lamarazes (>LAMA-[θ]-ALES, cos cognados Lamaçães, Llamaçais en Portugal e Llamazares en León; Lamaceda (>LAMACETAM) e Lamacido, este se non é alteración de Lamacide (> LAMA CIDI 'lama de Cide', en que Cide pode ser nome persoal).O topónimo Lamagal (>LAMA-[ɣ]-ALEM), tomou en Portugal a forma Lamegal e, sen interfixo (>LAMALES), formáronse Lamais e Lamares e, en Asturias, coa suma doutros sufixos, Llamargal e Llamardal (GarcíaToponAst, s.v. la llama). Lamigueiro (>LAME-[ɣ]-ARIUM) Novo e Lamigueiro Vello, se non son fitónimos (NavazaFitoTop), poden estar entre os derivados de lama. Finalmente, Lamascal (>LAM-ASC-ALEM), contén un primeiro sufixo prerromano, e o abundancial -ALEM.
Aínda debemos considerar A Lamea, talvez o feminino do asturiano Llaméu (GarcíaToponAst, s.v. la llama), e Lamestra, As Lamestras e Laméstrega, posibles derivados da voz lama para os que non podemos propoñer un étimo.
Son moitos os topónimos compostos con Lama e cos seus derivados.
en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org