Lourenzá
Tipoloxía ou caracterización xeográfica
Derivado
Resume xeneral
De (VILLA) LAURENTIANA, forma adxectiva derivada do nome persoal de orixe latina Laurentius, co sufixo -ANA.
Aspectos xeográficos, históricos, administrativos
O concello ocupa un val delimitado pola Serra de Lourenzá e pola da Cadeira. Constituíu un territorio medieval desenvolvido arredor do mosteiro fundado no século X por Osorio Gutiérrez, chamado o Conde Santo. No antigo réxime formábano dúas xurisdicións: O Val de Lourenzá e Vilanova de Lourenzá, pertencentes á provincia de Mondoñedo, ata que en 1840 se creou o actual concello con catro parroquias, que tamén inclúen o nome: Lourenzá, Santo Adrao de Lourenzá, San Tomé de Lourenzá e San Xurxo de Lourenzá.
Información específica d'étimu pa esti topónimu
O nome foi castelanizado durante os Séculos Escuros e ata o franquismo na documentación oficial. Desde o Nomenclátor de 2003 restituíuse o nome orixinal.
Documentación histórica
Vieya y medieval
- "territorio Laurenzana" 922 TCelanova
- Laurentiana 934 TCelanova
- "ecclesie sancti Georgii de Laurenzana" 1164 CDMondoñedo
- "Romeu Perez, abbade de Uillanoua de Laurençana" 1243 TLourenzá
- "Petrus, Dei gratia abbatis Ville Nove de Laurentiana, unacum omni conventu monachorum eiusdem loci" 1253 DocLourenzá
- "donno Ronimiro Petri, abbatis Vilenoue de Laurenciana" 1262 DocViveiro
- "in loco qui vocatur Prado in parrochia beati Georgii de Lourençiana" s.d. CalendMondoñedo
- "conuento do moesteyro de Uillanoua de Lourençaa" 1263 TLourenzá
- "don Fernã Perez, abbade do moeſteyro de Vilanoua de Lourẽçáá" 1310 CDMaia
Moderna
Cognaos y topónimos rellacionaos
Lourizán (parroquia de Pontevedra), coa terminación dialectal -án < -ANA propia do occidente de Galicia.
Malia o que parece, o leonés Lorenzana non ten o mesmo étimo, senón que procede de Gerontius.
en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org