Ir o contido principal
Volver a ToponHisp
  • Consulta do dicionario
  • Resultados do proxecto
  • Bibliografía
  • Fontes
  • Acceso investigadores
esglcaeupt-ptast

Lourenzá

Lourenzá

Tipoloxía ou caracterización xeográfica

Concello
Idioma do topónimo
Galego

Derivado

LAURENTIUS » -ANA

Resumo xeral

De (VILLA) LAURENTIANA, forma adxectiva derivada do nome persoal de orixe latina Laurentius, co sufixo -ANA.

Aspectos xeográficos, históricos, administrativos

O concello ocupa un val delimitado pola Serra de Lourenzá e pola da Cadeira. Constituíu un territorio medieval desenvolvido arredor do mosteiro fundado no século X por Osorio Gutiérrez, chamado o Conde Santo. No antigo réxime formábano dúas xurisdicións: O Val de Lourenzá e Vilanova de Lourenzá, pertencentes á provincia de Mondoñedo, ata que en 1840 se creou o actual concello con catro parroquias, que tamén inclúen o nome: Lourenzá, Santo Adrao de Lourenzá, San Tomé de Lourenzá e San Xurxo de Lourenzá.

Información específica de étimo para este topónimo

O nome foi castelanizado durante os Séculos Escuros e ata o franquismo na documentación oficial. Desde o Nomenclátor de 2003 restituíuse o nome orixinal.

Documentación histórica

Antiga e medieval

  • "territorio Laurenzana" 922 TCelanova
  • Laurentiana 934 TCelanova
  • "ecclesie sancti Georgii de Laurenzana" 1164 CDMondoñedo
  • "Romeu Perez, abbade de Uillanoua de Laurençana" 1243 TLourenzá
  • "Petrus, Dei gratia abbatis Ville Nove de Laurentiana, unacum omni conventu monachorum eiusdem loci" 1253 DocLourenzá
  • "donno Ronimiro Petri, abbatis Vilenoue de Laurenciana" 1262 DocViveiro 
  • "in loco qui vocatur Prado in parrochia beati Georgii de Lourençiana" s.d. CalendMondoñedo 
  • "conuento do moesteyro de Uillanoua de Lourençaa" 1263 TLourenzá
  • "don Fernã Perez, abbade do moeſteyro de Vilanoua de Lourẽçáá" 1310 CDMaia

Moderna

  • felegresía de San Jurjo del balle de Lourençá 1566 ACS
  • San Salbador de Lorençana 1576 ACS
  • Santo Adrao del Bal de Lorencana 1578 ACS
  • San Jurjo Lourençá 1608 AHUS
  • San Tomé del balle de Lorençana 1609 ACS
  • villa de Villanueba de Lorenzana 1753 CME
  • Lorenzana 1845-1850 DicMadoz

Cognados e topónimos relacionados

Lourizán (parroquia de Pontevedra), coa terminación dialectal -án < -ANA propia do occidente de Galicia.

Malia o que parece, o leonés Lorenzana non ten o mesmo étimo, senón que procede de Gerontius.

Ana Boullón:  "Lourenzá", 

en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org 

[consultado en 11-05-2025].
Data: 18/04/2024
1917
no-portugues

Coordenades:-7.2987936 43.47091601

As coordenadas no estado español proceden do IGE

×Cerrar

Visualización de capas

One fine body…

Close Save changes
Transcrición fonética
lowɾenˈθa
Audio
Provincia
Lugo
Poboación (INE)
2.115 (2022)

Xentilicio e alcumes colectivos

Xentilicio(s)
Sen datos
Pseudoxentilicio(s)

Valegos, en referencia ó Val de Lourenzá. 

Os do páxaro, alcume motivado por unha cerimonia de vasalaxe ao abade do mosteiro, segundo a cal día un de xaneiro os alcaldes da vila ofrecíanlle ó abade un paxaro, concretamente un carrizo, e despois designaban novos alcaldes (GEG).

Antropónimos orixinados polo topónimo

Apelido
Lorenzana
1141 ocurrencias
Fonte: INE

O apelido Lorenzana que se rexistra en Galicia (132 ocorrencias, segundo a CAG) podería resultar da castelanización do orixinal Lourenzá, pero é máis probable que proceda do topónimo leonés Lorenzana, que xerou apelidos por toda a península, pero que ten unha orixe distinta: o antropónimo latino GERONTIUS.

Salvador Lorenzana foi o pseudónimo que usou na prensa o intelectual galeguista Francisco Fernández del Riego (a quen se lle dedica o Día das letras galegas 2023) para eludir a persecución política durante os anos do franquismo. Neste caso, si é a castelanización de Lourenzá, que é a vila natal do escritor.

 

Nome
Non xerou nome persoal

Bibliografía específica

Non hai bibliografía

Sinaturas

Redacción: Ana Boullón

Contribucións: Luz Méndez, Gonzalo Navaza.

O proxecto I+D+I Toponomasticon Hispaniae está financiado polo MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. A presente aplicación contou cunha axuda para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas da Xunta de Galicia (ED431C 2021/20).

Menú del pie

  • Políticas de privacidade
  • Políticas de cookies
  • Contacto
-
-
-
-