Skip to main content
Tornar a ToponHisp
  • Consulta del diccionario
  • Resultados del proyecto
  • Bibliografía
  • Fuentes
  • Accesu investigadores
esglcaeupt-ptast

Sanxenxo

Sanxenxo

Tipoloxía ou caracterización xeográfica

Concello
Idioma del topónimo
Galego

Étimu

SANCTA, SANCTU
Latino
Onomástica
GĔNĔSIUS
Latino
Deantroponímico » Haxónimo

Resume xeneral

De SANCTUS GENESIUS, mártir da Galia no séc. IV, con moito culto en Galicia.

Aspectos xeográficos, históricos, administrativos

O nome do concello procede do haxiónimo da advocación da parroquia de Padriñán, onde se sitúa a casa consistorial. A forma actual, Sanxenxo, coa grafía do estándar actual, oficializouse en 1984, en substitución das castelanizadas Sangenjo (desde 1877) e anteriormente Sanjenjo (Variaciones).

Información específica d'étimu pa esti topónimu

Procede do acusativo GENESIUM, aínda que nas atestacións históricas vese vacilación cos resultados do xenitivo, GENESII (Sanctu Genesi, Sancti Genes), seguramente por influencia dos moi numerosos topónimos de posesores. Finalmente, a forma rematada en -o asentouse xa a finais da Idade Media.

A partir do séc. XVI, cando o galego foi relegado dos usos escritos, os topónimos galegos sufriron a flutuación das grafías do español (Sanjenjo, San Genjo, San Genxo, San Jenxo, Sanxenxo). No século XX xa estaba consolidada como oficial a forma gráfica Sangenjo, que inducía a unha pronuncia co son /x/ (fricativa velar xorda), á maneira do castelán, se ben na fala popular articulábase o son autóctono, /ʃ/ (fricativa postalveolar xorda), situación que continuou durante o franquismo. Coa chegada da democracia e a confección do Nomenclátor galego, a forma ditaminada foi Sanxenxo, conforme á pronuncia e a grafía estándar galegas (véxase Navaza_2012).

Documentación histórica

Vieya y medieval

  • "uillam scilicet Padrignam cum ecclesia Sancti Genesi" 1116 DocUrraca
  • "Sancti Genes de Padrinan" (Mosteiro de Armenteira) 1244 PARES
  • "figleia de San Gẽes de Padriñán" 1396 TomboH

Moderna

  • Sa[n]genjo, Sanjenjo (Mosteiro de Armenteira) 1519 PARES
  • puerto de San Jenjo 1521 AHUS
  • San Jenxo (Mosteiro de San Xoán de Poio) 1549-1630 PARES
  • San Genxo o Gines de Padrinas 1607 MemoriasHoyo 522
  • Billa de San Xenxo 1627 ACS
  • Sanxenxo 1746 SarmientoColección
  • San Genjo, Sanjenjo 1845-1850 DicMadoz

Cognaos y topónimos rellacionaos

Sanxés (A Pontenova, Lu), San Xes (parroquia de Paderne de Allariz, Ou), San Xes da Peroxa (parroquia da Peroxa, Ou), San Xes de Vilariño (parroquia de Lobeira, Ou), San Xes de Francelos, nome dunha capela prerrománica en Ribadavia. Estas formas proceden do xenitivo (GENESII), como é máis habitual na toponimia, e non do acusativo.

Ana Boullón:  "Sanxenxo", 

en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org 

[consultado en 08-05-2025].
Fecha: 09/11/2023
2115
no-portugues

Coordenadas: -8.806674828 42.40028441

Las coordenadas en el estado español proceden del IGE

×Cerrar

Visualización de capas

One fine body…

Close Save changes
Transcripción fonética
sanˈʃɛnʃo̝
Audio
Ensin provincia
Pontevedra
Población
17.760 (2022)

Xentiliciu y nomatos coleutivos

Xentiliciu/-os

Sanxenxés, -esa

Pseudoxentiliciu/-os

Lilaino, lilaina.

Antropónimos orixinaos pol topónimu

Apellíu
No ha generado apellido
Nome
Xenxo
98 ocurrencias
Fonte: IGE (2021)

O nome Xenxo procede da advocación deste concello (san Xenxo).

Xenxo

Bibliografía específica

Nun hai bibliografía

Robla

Redaición: Ana Boullón

Ministerio de ciencia
Xunta de Galicia
Instituto da Lingua Galega
UPNA
UAM
Universidad de Zaragoza

El proyeutu I+D+I Toponomasticon Hispaniae ta financiáu pol MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. La presente aplicación cuntó con una ayuda pa la consolidación ya estruturación d'unidaes d'investigación competitives de la Xunta de Galicia (ED431C 2021/20).

Menú del pie

  • Polítiques de privacidá
  • Polítiques de cookies
  • Contautu
-
-
-
-