Aciveiro
Tipoloxía ou caracterización xeográfica
Derivado
Resume xeneral
Do latín vulgar *ACIFIDU, e este do clásico ăquĭfŏlĭum 'de follas agudas ou afiadas', mais o sufixo derivativo -arium, que pode ter valor colectivo ou designar un único exemplar da planta do acevo (Navaza_Fitotop, páx.37).
Aspectos xeográficos, históricos, administrativos
No século XII, un grupo de monxes bieitos da abadía de Claraval, en Francia, fundaron nesta parroquia do actual concello de Forcarei un mosteiro, que foi lugar de enterramento da nobreza da Terra de Montes, Deza e Trasdeza.
Documentación histórica
Vieya y medieval
- "Ad Aziueiro unum seruicialem in Deza" a.1169 DocSouto2012
- "monasterium de Superato, de Azivario, de Codesseda" a.1178 TBSantiago
- "utriusque partis abbas de Acibario" a.1174 CDOseira
- "Santa María de Aziueyro" a.1267 Maia_1986
- "Santa María d' Asiveiro" a.1434 MinNotPontevedra
Moderna
Paisax toponímicu de la rodiada
Coto Aciveiro é un lugar da parroquia de Castrelo e Acivedo outro da de Millarada, as dúas en Forcarei, o que dá idea da abundancia da planta na zona.
Cognaos y topónimos rellacionaos
En Galicia cóntanse outros sete lugares chamados (O) Aciveiro, o plural Aciveiros (Cedrón, Láncara, Co), Coto Aciveiro (Forcarei, Po) e O Monte do Aciveiro (Armentón, Arteixo, Co)
Da mesma familia léxica temos en Galicia O Acevo, O Acevro, O Acivo, (O) Acivro, Os Acivros, O Acevedo, (A) Aceveda, Acevido, Acivedo, (O) Acivido, O Aciviñeiro e Acevoso, xunto cos compostos nos nomes das parroquias de Acevedo do Río (Celanova, Ou) e Santiago do Acevo (Ribeira de Piquín, Lu).
Tamén en Portugal hai Azevo (freguesía e lugar de Pinhel), Azevedo, Azevido, Azeveda, Azevedos, Azevinhos, Aziveiro (Telhado, Vila Nova de Famalicão) e o río Azibo.
No resto da Península encontramos (El) Acebo, Acebedo, La Acebeda, Acebal, El Acebrón, Acebes del Páramo, La Acebosa, Aciberos.
(A) Acivreira (Cumbraos, Sobrado, Co e Corvelle, Vilalba, Lu), Os Acivreiros (Irixoa, Muras, Lu) e Acebreiras en León, seguramente proveña do mesmo tema, malia a súa proximidade formal con O Cebreiro, en que non podemos precisar se se trata dun fitotopónimo ou dun zootopónimo proveniente do lat.*ecifĕru, lat. cl. ĕquĭfĕrus 'cabalo salvaxe'.
en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org