Vés al contingut
Volver a ToponHisp
  • Consulta del diccionario
  • Resultados del proyecto
  • Bibliografía
  • Fuentes
  • Acceso investigadores
esglcaeupt-ptast

Aciveiro

Aciveiro

Tipoloxia o caracterització xeogràfica

Parroquia
Idioma del topònim
Galego

Derivat

ĀCRĬFŎLIU, ACĬFŎLIU » -ĀRIA, -ĀRIU

Resum general

Do latín vulgar *ACIFIDU, e este do clásico ăquĭfŏlĭum 'de follas agudas ou afiadas', mais o sufixo derivativo -arium, que pode ter valor colectivo ou designar un único exemplar da planta do acevo (Navaza_Fitotop, páx.37).

Aspectes geogràfics, històrics, administratius

No século XII, un grupo de monxes bieitos da abadía de Claraval, en Francia, fundaron nesta parroquia do actual concello de Forcarei un mosteiro, que foi lugar de enterramento da nobreza da Terra de Montes, Deza e Trasdeza.

Documentació històrica

Antiga i medieval

  • "Ad Aziueiro unum seruicialem in Deza" a.1169 DocSouto2012
  • "monasterium de Superato, de Azivario, de Codesseda" a.1178 TBSantiago
  • "utriusque partis abbas de Acibario" a.1174 CDOseira
  • "Santa María de Aziueyro" a.1267 Maia_1986
  • "Santa María d' Asiveiro" a.1434 MinNotPontevedra

Moderna

  • "frei Alonso de Viana, presidente del monesterio de Santa María de Azeveiro" a.1544 AHUS
  • "Pedro Salgueiro y Bárbora Salgueiro, muger de Jácome Pérez, vecinos de Santa María d' Acebeiro" a.1620 ACS

Paisatge toponímic proper

Coto Aciveiro é un lugar da parroquia de Castrelo e Acivedo outro da de Millarada, as dúas en Forcarei, o que dá idea da abundancia da planta na zona.

Cognats i topònims relacionats

En Galicia cóntanse outros sete lugares chamados (O) Aciveiro, o plural Aciveiros (Cedrón, Láncara, Co),  Coto Aciveiro (Forcarei, Po) e O Monte do Aciveiro (Armentón, Arteixo, Co)

Da mesma familia léxica temos en Galicia O Acevo, O Acevro, O Acivo, (O) Acivro, Os Acivros, O Acevedo, (A) Aceveda, Acevido, Acivedo, (O) Acivido, O Aciviñeiro e Acevoso, xunto cos compostos nos nomes das parroquias de Acevedo do Río (Celanova, Ou) e Santiago do Acevo (Ribeira de Piquín, Lu).

Tamén en Portugal hai Azevo (freguesía e lugar de Pinhel), Azevedo, Azevido, Azeveda, Azevedos, Azevinhos, Aziveiro (Telhado, Vila Nova de Famalicão) e o río Azibo.

No resto da Península encontramos (El) Acebo, Acebedo, La Acebeda, Acebal, El Acebrón, Acebes del Páramo, La Acebosa, Aciberos.

(A) Acivreira (Cumbraos, Sobrado, Co e Corvelle, Vilalba, Lu), Os Acivreiros (Irixoa, Muras, Lu) e Acebreiras en León, seguramente proveña do mesmo tema, malia a súa proximidade formal con O Cebreiro, en que non podemos precisar se se trata dun fitotopónimo ou dun zootopónimo proveniente do lat.*ecifĕru, lat. cl. ĕquĭfĕrus 'cabalo salvaxe'.

Luz Méndez:  "Aciveiro", 

en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org 

[consultado en 08-05-2025].
Data: 03/06/2024
4976
no-portugues

Coordenades:-8.301778 42.617621

Les coordenades a l'estat espanyol procedeixen de l'IGE

×Cerrar

Visualización de capas

One fine body…

Close Save changes
Transcripció fonètica
aθiˈβejɾo̝
Audio
Província
Pontevedra
Població
245 (2023)

Gentilici i renoms col·lectius

Gentilici(s)
Sin datos
Pseudogentilici(s)
Sin datos

Antropónims originats pel topònim

Cognom
Acibeiro
29 ocurrències
Font: Cartografía dos Apelidos de Galicia
Acibeiro
Nom
No ha generat nom personal

Bibliografía específica

No hi ha bibliografia

Signatures

Redacció: Luz Méndez

Interior do mosteiro de Aciveiro

Interior do mosteiro de Aciveiro

Ministerio de ciencia
Xunta de Galicia
Instituto da Lingua Galega
UPNA
UAM
Universidad de Zaragoza

El proyecto I+D+I Toponomasticon Hispaniae está financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. La presente aplicación contó con una ayuda para la consolidación y estruturación de unidades de investigación competitivas de la Xunta de Galicia (ED431C 2021/20).

Menú del pie

  • Políticas de privacidad
  • Políticas de cookies
  • Contacto
-
-
-
-