Balteiro
Tipoloxia o caracterització xeogràfica
Étimo
Resum general
Do nome medieval de posesor Balteiro, que procede do xermánico Baltarius, a partir do acusativo.
Aspectes geogràfics, històrics, administratius
Lugar da parroquia de Oleiros (Ribeira).
Información específica de étimo para este topónimo
Para o seu uso como nome persoal na Idade Media, véxase Baltar. A forma procedente do acusativo documéntase desde o X: Balteiru 934 CDCatOurense, "alia villa que fuit de Balterio et sua muliere". 986 TCelanova.
Documentació històrica
Moderna
- Valteyro 1754-1755 Sarmiento_Viaje1754
- "en la aldea de Balteiro", "en el nombrado río Balteiro, término de la aldea del mismo nombre" 1763 CCME
Cognats i topònims relacionats
Amais de no concello de Ribeira hai outros seis lugares en Galicia que portan este nome (Co3, Ou2, Po2) e catro en Portugal (Coimbra, Viana do Castelo, Vila Real e Viseu). Tamén é cognado Villabalter, en León.
O mesmo nome medieval deixou outro topónimo a partir do xenitivo: Baltar.
en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org