Ir o contido principal
Volver a ToponHisp
  • Consulta do dicionario
  • Resultados do proxecto
  • Bibliografía
  • Fontes
  • Acceso investigadores
esglcaeupt-ptast

Balteiro

Balteiro

Tipoloxía ou caracterización xeográfica

Lugar
Idioma do topónimo
Galego

Étimo

BALTARIUS
Germánico
Deantroponímico » Nome persoal

Resumo xeral

Do nome medieval de posesor Balteiro, que procede do xermánico Baltarius, a partir do acusativo.

Aspectos xeográficos, históricos, administrativos

Lugar da parroquia de Oleiros (Ribeira).

Información específica de étimo para este topónimo

Para o seu uso como nome persoal na Idade Media, véxase Baltar. A forma procedente do acusativo documéntase desde o X: Balteiru 934 CDCatOurense, "alia villa que fuit de Balterio et sua muliere". 986 TCelanova.

Documentación histórica

Moderna

  • Valteyro 1754-1755 Sarmiento_Viaje1754
  • "en la aldea de Balteiro", "en el nombrado río Balteiro, término de la aldea del mismo nombre" 1763 CCME

Cognados e topónimos relacionados

Amais de no concello de Ribeira hai outros seis lugares en Galicia que portan este nome (Co3, Ou2, Po2) e catro en Portugal (Coimbra, Viana do Castelo, Vila Real e Viseu). Tamén é cognado Villabalter, en León.

O mesmo nome medieval deixou outro topónimo a partir do xenitivo: Baltar.

Ana Boullón:  "Balteiro", 

en Toponimia de Galicia e Portugal (PID2020-114216RB-C61), proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae, financiado por el MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. http://toponhisp.org 

[consultado en 12-05-2025].
Data: 02/11/2024
3825
no-portugues

Coordenades:-8.99675335 42.62544334

As coordenadas no estado español proceden do IGE

×Cerrar

Visualización de capas

One fine body…

Close Save changes
Transcrición fonética
balˈtejɾo̝
Provincia
A Coruña
Poboación (INE)
53 (2022)

Xentilicio e alcumes colectivos

Xentilicio(s)
Sen datos
Pseudoxentilicio(s)
Sen datos

Antropónimos orixinados polo topónimo

Apelido
Non xerou apelido
Nome
Non xerou nome persoal

Bibliografía específica

Non hai bibliografía

Sinaturas

Redacción: Ana Boullón

O proxecto I+D+I Toponomasticon Hispaniae está financiado polo MCIN/AEI/10.13039/501100011033/. A presente aplicación contou cunha axuda para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas da Xunta de Galicia (ED431C 2021/20).

Menú del pie

  • Políticas de privacidade
  • Políticas de cookies
  • Contacto
-
-
-
-